The Beatles e a Revolución Musical en Liverpool

Clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,79 KB

Do rock and roll a The Beatles: Liverpool

Liverpool, cidade inglesa cun importante porto de mar vinculado con Estados Unidos, foi clave na historia da música. A finais dos anos cincuenta, entraron por Liverpool multitude de discos norteamericanos, sobre todo de rock and roll e de rhythm & blues, e axiña a cidade foise enchendo de grupos que asimilarían estes estilos.

O nacemento do beat

Os grupos británicos copiaron e versionaron o rock and roll que oían nos discos estadounidenses, pero a este uníuse o skiffle, música británica do momento que se compuña dunha sección rítmica (contrabaixo caseiro e washboard), dun banjo e de guitarras. Lonnie Donegan foi un intérprete destacado. Despois, pasouse ao beat (pulsación ou golpe), baseado nunha pulsación forte e sinxela da batería. Os primeiros grupos de beat dos sesenta presentaban unha formación característica con cantante solista, guitarra solista, guitarra rítmica, baixo e batería.

The Beatles (1962-1970)

Formado polo cuarteto de Liverpool integrado por John Lennon, Paul McCartney, George Harrison e Ringo Starr, foi a historia dun asombro constante. Desde 1963 deron un envorco ás listas de éxitos británicas, pasando a ser o primeiro grupo que exerceu un dominio absoluto no panorama mundial do rock. En 1964, a primeira aparición televisiva do grupo, emitida aos poucos días da súa chegada a EEUU, foi vista por 73 millóns de persoas. Arrasaron con todo, manténdose durante anos nos primeiros postos das listas de vendas británicas e americanas. Compuxeron todos os seus temas, absorberon as influencias da época evolucionando no seu estilo e convertéronse no novo paradigma do rock.

A súa música

As súas máis de 200 cancións baséanse nunha liña melódica moi clara e de grande inspiración estruturada na alternancia de estrofas e refráns que, con frecuencia, vese enriquecida por enxeñosas harmonías vocais. Nos comezos da súa carreira fixeron moitos éxitos no rock and roll norteamericano (como Love Me Do), pero comezaron a escribir os seus propios temas (Yesterday, Michelle) ata culminar en 1966 coa súa obra de madurez: o álbum Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band. Este disco foi concibido de xeito unitario: partía dunha idea global e todas as cancións foron compostas a partir desta. Todo o disco foi traballado en profundidade, alcanzando o máis alto nivel tanto desde o punto de vista creativo como desde o punto de vista da produción discográfica. A morte do seu manager a finais da década (Brian Epstein) marcou o comezo da que sería a súa etapa final. As diverxencias entre os seus catro membros levaron á separación definitiva do grupo en 1970.

Entradas relacionadas: