Tipos de Aprendizaxe Escolar: Recepción, Descubrimento e Significativa

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,23 KB

Categorías de Aprendizaxe Escolar

Ensino por Recepción

O neno ou nena recibe o contido que ten que aprender na súa forma final. Na aprendizaxe, non ten que facer ningún descubrimento, só debe asimilar o material presentado para recuperalo cando sexa preciso.

Ensino por Descubrimento

O seu trazo principal é o contido que vai ser aprendido, e este debe ser descuberto polo propio alumno. Este descubrimento debe facerse antes de poder asimilalo, polo que o alumnado debe reordenar a información e integrala. Despois disto, o contido descuberto faise significativo.

Aprendizaxe Significativa

Dáse cando o alumno establece relacións relevantes entre os coñecementos dos que dispón e os novos contidos a aprender, centrándose en novos significados. Isto ocorre cando:

  • O contido se pode relacionar cos coñecementos previos do alumnado e os materiais a aprender son significativos, xa sexa de maneira lóxica ou psicolóxica.
  • O alumnado adopta unha actitude favorábel á tarefa e dótalle de significados propios.

Esta xorde cando o alumnado é construtor do seu propio coñecemento, relaciona conceptos e dálle un sentido a partir da estrutura conceptual que xa ten, pero tamén constrúe o seu propio coñecemento porque está interesado.

Aprendizaxe Memorística ou por Repetición

Prodúcese cando o neno ou nena establece asociacións arbitrarias entre os coñecementos previos e a información a aprender mediante procedementos mecánicos como a repetición. Isto ocorre cando:

  • Os contidos da tarefa son arbitrarios.
  • Carece de coñecementos previos relevantes para que a tarefa da aprendizaxe sexa significativa.
  • Adopta unha actitude de internalizar o contido de modo arbitrario porque non está interesado nel.

Por último, as dúas dimensións sinaladas poden caracterizar as catro situacións de ensino/aprendizaxe que se derivan da teoría:

  • Ensino por recepción/aprendizaxe memorística e ensino por recepción/aprendizaxe significativa.
  • Ensino por descubrimento/aprendizaxe memorística e ensino por descubrimento/aprendizaxe significativa.

Entradas relacionadas: