Tipos de Estrutura Muscular e Vantaxes do Exercicio Físico

Clasificado en Deporte y Educación Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,58 KB

Tipos de Estrutura Muscular

A forza que pode desenvolver un músculo é proporcional á sección transversal do mesmo e a súa capacidade de contracción depende da disposición dos fascículos que conteña. En relación a isto, hai tres tipos principais de estrutura muscular:

  • Paralela: os fascículos son paralelos ao eixe lonxitudinal do músculo. Estes músculos teñen forma de tira.
  • Lonxitudinal ou fusiforme: os fascículos están colocados case paralelos diminuíndo cara aos tendóns. O músculo ten forma de fuso cunha barriga expandida na súa sección media, como o músculo bíceps do brazo.
  • Penniforme: con forma de pluma, estando o tendón ocupando o lugar do eixe ou raque ao longo de case toda a lonxitude do músculo. As fibras musculares adhírense en oblicuo ao tendón central como as barbas da pluma. Por exemplo, no músculo extensor das dedas do pé, os fascículos insértanse nun lado do tendón, polo que o músculo é unipenniforme. Se os fascículos se insertan en lados opostos ou diferentes do tendón, o músculo é bipenniforme ou multipenniforme.

Outras formas comúns tamén son:

  • Circular: os fascículos están dispostos formando aneis concéntricos. Exemplo: músculos orbiculares da boca e dos ollos. Os músculos circulares encóntranse a miúdo arredor de aberturas corporais externas ás que cerran mediante a contracción: son os esfínteres como o esfínter anal.
  • Converxente: os fascículos únense nun único tendón de inserción. Son músculos en forma triangular ou de abano, como o músculo pectoral maior.

A disposición fascicular dun músculo determina o tipo, amplitude e potencia dun movemento. Canto máis longos e máis paralelos se encontran os fascículos ao eixe lonxitudinal do músculo, máis se poden encoller. Presentan así un movemento de gran amplitude aínda que non adoita ser moi potente. Un exemplo é o sóleo, que se encontra na cara posterior da perna (a mazá da perna) debaixo dos xemelgos. En cambio, os músculos penniformes que teñen moitos fascículos curtos nun tendón común, como os xemelgos, realizan movementos curtos pero de gran potencia.


Vantaxes do Exercicio Físico

  • Reduce o risco de desenvolver cancro: investigacións recentes demostraron que a falta de exercicio físico aumenta o risco de padecer certos tipos de cancro, como o cancro de colon.
  • Loita contra a ansiedade e a depresión: o exercicio aumenta a autoestima e fai que te sintas mellor e máis relaxado.
  • Mellora o sono: a actividade física proporciona un sono profundo, sempre que esperes polo menos unha hora despois de facer exercicio antes de durmir.
  • Alivia as molestias menstruais: algunhas mulleres confirman que o exercicio reduce os síntomas premenstruais e a dor durante a menstruación.
  • Aumenta a esperanza de vida: as persoas que practican algún tipo de exercicio físico moderado tenden a vivir máis tempo que as que están inactivas.

En definitiva, facer exercicio mellora a calidade de vida e aumenta a sensación de benestar. Estes beneficios poden ser permanentes ou temporais, dependendo da regularidade e intensidade dos exercicios. O exercicio regular tamén aumenta o tamaño muscular, a forza e a resistencia.

Hai diferentes tipos de exercicios, e cada un ten efectos específicos:

  • Exercicios aeróbicos: as clases de aeróbic, natación, carreira ou andar en bicicleta dan como resultado unha musculatura máis flexible e máis forte con maior resistencia á fatiga. Estes cambios débense, polo menos en parte, ao aumento do fluxo sanguíneo ao músculo e ao aumento das mitocondrias e do almacenamento de osíxeno nas células musculares.
  • Exercicios de resistencia ou isométricos: Permítenche aumentar o tamaño dos teus músculos. Os levantadores de pesas profesionais benefícianse deste tipo de exercicios, no que os músculos se opoñen a obxectos estacionarios ou case estacionarios. O obxectivo é aumentar a forza muscular e o proceso é principalmente anaeróbico.

En xeral, o mellor programa de exercicios para a maioría da xente inclúe ambos tipos de exercicios. Ademais, a medida que envellecemos, a masa muscular cambia: a cantidade de tecido conxuntivo dos músculos aumenta, mentres que a cantidade de tecido muscular diminúe. Polo tanto, os músculos fanse máis fibrosos ou musculosos.

Entradas relacionadas: