Tipos de linguas e as súas funcións: oral, escrita e máis

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,82 KB

Funcións da linguaxe

  • Apelativa: busca atraer a atención do receptor ou conseguir algo del.
  • Expresiva: expresa sentimentos e sensacións.
  • Referencial: é a máis importante e a máis utilizada. Serve para informar, sen opinión.
  • Fática: asegura e reforza o contacto entre emisor e receptor.
  • Poética: predomina nos textos literarios.
  • Metalingüística: ten como obxectivo descifrar un código.

Lingua oral e lingua escrita

Lingua oral

  • Espontaneidade, só admite rectificacións, non correccións.
  • Forma inmediata, estando o emisor e o receptor presentes.
  • Poden intercambiar os papeis.
  • Contexto extralingüístico, linguaxe xestual.
  • Falta de precisión, frases inacabadas, presenza de dialectalismos, castelanismos, vulgarismos, repetición de palabras, omisión de termos, rodeos e desviacións nas frases, cambios bruscos de tema, uso de comodíns e frases feitas.

Lingua escrita

  • Planificación, pódese revisar e corrixir.
  • Non é inmediata, contexto débil.
  • Adquire importancia a organización espacial e visual do escrito.
  • Precisión no léxico, utilización de lingua estándar, organización do texto, delimitación precisa da información principal e secundaria, estruturas sintácticas complexas, precisión da puntuación e dos conectores sintácticos.

Linguas no Estado español

No Estado español, considerado un "centro monolingüe, rexións bilingües", o castelán é a única lingua oficial do Estado. As demais linguas só son oficiais nas súas comunidades autónomas xunto co castelán.

Lingua estándar e linguas funcionais

Lingua estándar

É unha lingua unificada e formalizada nun territorio. Ten unha serie de características:

  1. Constitúe un idioma literario.
  2. É un idioma común.
  3. É un idioma nacional.
  4. É considerada polos membros como ideal lingüístico.

Linguas funcionais

Son variantes da lingua estándar, diferenciadas segundo os individuos, o grupo social e a zona xeográfica. Hai dous grupos:

  1. Variedades sociais, niveis de lingua.
  2. Variedades contextuais, rexistros.

Niveis de lingua

  • Lingua culta: propia de niveis socioculturais elevados, principalmente a nivel escrito.
  • Lingua media: caracterízase polo uso correcto da lingua.
  • Lingua vulgar: propia de niveis socioculturais baixos.

Estes modos chámanse subcódigos. Pódense distinguir:

  1. Linguaxes técnicas: terminoloxía especializada ligada a unha determinada actividade científica ou profesional.
  2. Xergas: carácter esotérico ou críptico, só coñecido polos membros do grupo, utilizadas para diferenciarse e evitar ser entendidos polos demais.

Clasificación das linguas

  • Linguas con Estado ou sen Estado: as primeiras representan oficialmente un país; as outras son propias de territorios sen independencia política.
  • Linguas oficiais en máis dun Estado.
  • Estados unilingües: fálase unha soa lingua.
  • Estados plurilingües: fálanse varias linguas.

Multilingüismo e plurilingüismo

  • Multilingüismo: refírese ao coñecemento que o falante posúe de diversas linguas ou á coexistencia de varias linguas nunha sociedade determinada, evitando priorizar unha lingua determinada respecto a outras.
  • Plurilingüismo: refírese ao coñecemento de varios idiomas por parte do individuo.

Entradas relacionadas: