Transformación Urbana: Modelos, Centros e Usos do Solo

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,85 KB

A Transformación Urbana: Modelos e Cambios

A maior parte das cidades posúen elementos de épocas distintas. As cidades transfórmanse, crecendo cara o exterior coa creación de novos espazos residenciais e áreas de actividade económica. Prodúcese un proceso de fragmentación do espazo urbano, apenas conectadas entre si por autovías e estradas.

A Cidade Difusa: Un Novo Modelo Urbano

O modelo de cidade compacta foise substituíndo polo modelo de cidade difusa. Esta esténdese horizontalmente e está separada en áreas especializadas e monofuncionais: residenciais, comerciais, colexios, universidades... polo que diminúe o contacto humano, os intercambios e a sociabilidade. Está caracterizada pola mestura de usos e funcións e pola extensión, o que provoca unha maior mobilidade individual: viaxes pendulares cotiás.

Cambios no Centro Urbano e a súa Revitalización

A partir da segunda metade do século XX, os centros históricos comezaron a sufrir unha progresiva deterioración e abandono. Só permaneceron residentes con baixos niveis de renda, o que acelerou o proceso de envellecemento e empobrecemento. Desta maneira, a actividade económica foise desprazando cara os ensanches. Así que se decidiu comezar cos procesos de revitalización destas zonas debido a:

  • Políticas públicas de conservación e revitalización: As administracións públicas investiron na rehabilitación de edificios e na mellora de espazos públicos.
  • Desenvolvemento do turismo cultural: Potenciou a rehabilitación dos centros históricos.
  • Cambio de actitude da poboación local.

Evolución dos Usos do Solo Urbano

Os usos do solo son diferentes utilizacións do espazo urbano. Na cidade preindustrial, o casco antigo era parte da cidade urbanizada, cun gran valor pola súa cultura. Esta sufriu notables modificacións como resultado do proceso de industrialización do século XIX e 1960. O casco antigo experimentou unha terciarización e consolidouse como centro comercial e de negocios. O resultado foi o desprazamento dos usos residenciais e a deterioración dos edificios.

Implantáronse industrias modernas que atraeron a poboación campesiña e estendéronse os ensanches para os burgueses, barrios obreiros e axardinados. Produciuse unha separación entre a área residencial, as zonas industriais e as zonas marxinais. Na década de 1960, as cidades españolas creceron debido ao incremento natural da poboación, a inmigración e o desenvolvemento dos servizos. Creáronse extensas periferias.

Na época postindustrial, algunhas zonas quedaron céntricas, o que revalorizou o solo. Pola contra, os espazos menos accesibles e desorganizados convertéronse en marxinais: os barrios residenciais da periferia, as áreas industriais e as áreas de equipamento.

Entradas relacionadas: