A Transición Democrática e o Renacemento Cultural Galego (1975-Actualidade)

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,18 KB

Os Cambios desde 1975

Coa morte do ditador Franco ábrese un novo período histórico coñecido como "Transición democrática", durante o cal se aproba a Constitución de 1978. O réxime democrático tivo consecuencias como:

  • A liberdade de presos políticos da ditadura.
  • A legalización de partidos políticos e sindicatos.
  • O regreso de exiliados.
  • A convocatoria de eleccións para a escolla dos representantes.

Ao tempo, continuou a destrución do rural e o crecemento das cidades, cunha economía orientada aos servizos. Tamén salienta a incorporación das mulleres ao ámbito social e económico.

Novo Marco Político para Galicia

Nos últimos anos da década de 1970, na sociedade galega houbo unha intensa axitación política e cultural que anunciaba importantes cambios. Entre 1978 e 1980, Galicia sitúase nun novo espazo político de liberdades democráticas, á par de vascos e cataláns. O pobo galego aproba en referendo o Estatuto de Autonomía no marco da nova Constitución española, unha das reivindicacións máis unánimes da Transición. Nel defínese Galicia como nacionalidade e a lingua galega como a lingua propia de Galicia, oficial a todos os efectos no territorio galego, xunto co castelán, que é a lingua oficial do Estado. O galego aparece nas aulas, na administración pública...

O Inicio da Normalización do Galego

A aprobación da Lei de normalización lingüística no ano 1983 serviu para oficializar medidas imprescindibles para que o galego deixase de ocupar a segunda posición, xa que era a lingua que falaba a maioría da poboación. Introduciuse a lingua en todos os ámbitos do ensino. Por primeira vez, os cidadáns galegos comezaban a ter escolarización na lingua do país. Todos os ámbitos culturais, como a música, o teatro ou o cine, empezaron a utilizar a lingua galega.

Auxe e Declive Cultural

Creáronse novas editoriais (Xerais, A Nosa Terra) e as xa existentes (Galaxia) aumentaron a súa produción. Apareceron novos autores e medrou o número de lectores. A cultura galega viviu unhas décadas de progresiva normalización do sistema cultural.

Panorámica Xeral da Narrativa Galega

Circunstancias:

  • A coincidencia de varias xeracións de narradores: os que xa publicaran na época Nós (Cunqueiro, Blanco Amor), os membros de Nova Narrativa (Méndez Ferrín, Casares) e os que comezan a publicar na década dos 80.
  • A incorporación á narrativa de autores que se iniciaran na literatura cultivando un xénero poético: Xosé Ramón Pena, Ramiro Fonte.
  • A aparición de novas editoriais (Xerais e A Nosa Terra).
  • A proliferación de premios centrados na narrativa, como o Premio da Crítica Galega.
  • O incremento das traducións á lingua galega e traducións do galego ao castelán.
  • Aumento do número de lectores.
  • A creación de novos medios para a crítica, como programas de radio ou blogs.

Periodización da Narrativa Galega

Podemos distinguir tres etapas neste período:

  • De 1975 a 1985: Regúlase o uso da lingua galega no ensino. É unha década na que predomina a novela longa.
  • De 1985 á fin do século: O relato curto volve gañar forza e amplíase a variedade temática.
  • Os comezos do século XXI: A voz feminina chega con forza, con autoras como Teresa Moure e Rosa Aneiros.

Temática na Narrativa Galega

Pódense distinguir catro liñas:

  • O experimentalismo narrativo e as ambientacións urbanas en textos de Antón Reixa e Margarida Ledo.
  • O realismo, no que se sitúan Xavier Alcalá e Xosé Manuel Martínez Oca, onde destacan os temas da novela histórica.
  • O tratamento de elementos fantásticos desde unha perspectiva realista, como en obras de Alfredo Conde.
  • A intriga, o misterio, a novela negra, como en obras de Pedro Feijoo.

A Consolidación da Literatura Xuvenil

Un dos fenómenos salientables dos últimos vinte anos é o forte impulso da literatura enfocada á lectura xuvenil e infantil.

Entradas relacionadas: