A transición demográfica en España: 1900-1975 e o réxime demográfico actual desde 1975
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,83 KB
A transición demográfica: 1900-1975
A natalidade descendeu de forma suave e discontinua. Entre 1900 e 1920, a natalidade descendeu ao iniciarse o control voluntario dos nacementos mediante sistemas tradicionais. Na década de 1920, a natalidade recuperouse grazas á prosperidade económica. Entre 1930 e 1956 continuou o seu descenso pola crise económica de 1929, a inestabilidade política da 2ª República (1931-1936), a Guerra Civil (1936-1939) e a situación da posguerra (1940-1955). Entre 1956 e 1965 tivo lugar 1 recuperación da natalidade que algúns demógrafos interpretan como o “baby boom” posbélico atrasado. Entre 1965 e 1975 diminuíu de novo o tamanho familiar pola redución do valor económico dos fillos ao consolidarse un modo de vida industrial e urbano. A mortalidade xeral descendeu de forma acusada durante a transición demográfica, agás en 2 momentos de mortalidade catastrófica: a gripe de 1918 e a Guerra Civil. O incremento do nivel de vida manifestouse na mellora da dieta e no crecemento do nivel educativo e cultural. Os avances médicos máis destacados foron as vacinas e a comercialización dos antibióticos; os sanitarios consistiron na mellora da hixiene. A mortalidade infantil tamén decreceu e a esperanza de vida elevouse. Como consecuencia, o crecemento natural da transición foi alto, especialmente entre 1920-1965.
O réxime demográfico actual: a partir de 1975
A natalidade descendeu a partir de 1975 ata situarse en cifras baixas. Entre 1975 e 1998 tivo lugar un brusco descenso dos nacementos. A situación económica foi atrasando a idade do matrimonio, co conseguinte acurtamento do período fértil das mulleres. 1º como resultado da crise de 1975; e desde 1980 pola precariedade laboral. A sociedade española experimentou cambios de mentalidade e de valores desde a transición á democracia (1975) que colaboraron no descenso da natalidade (diminuíu a influencia relixiosa, despenalizáronse e difundíronse os anticonceptivos, e legalizáronse o divorcio e o aborto en certos supostos de prazos e de perigo para a saúde). Desde 1998, a natalidade mostra lixeiras oscilacións ligadas á conxuntura económica e á emigración. Entre 1998 e 2008, a natalidade experimentou 1 lixeira recuperación motivada polos nacementos atrasados da xeración do “baby boom” e a emigración estranxeira. Desde 2008, comezou un novo descenso da taxa de natalidade (a crise provocou un incremento do paro, redución salarial e dificultades para acceder ao crédito. A mortalidade xeral mantense en cifras baixas. Non obstante, a taxa ascende levemente dese 1982 polo envellecemento da poboación ocasionado polo aumento da esperanza de vida. Predominan as enfermidades cardiovasculares, o cancro e os accidentes de coche. A mortalidade infantil é hoxe moi baixa e principalmente neonatal.