Transporte en España: Características, Problemas e Política

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,37 KB

Características e Problemas do Transporte en España

O medio físico é desfavorable, xa que o relevo é moi accidentado e con fortes pendentes, o que dificulta o trazado das vías. Aínda que as técnicas novas venceron esta desvantaxe, supuxeron un custo maior.

As redes de transporte aéreas e terrestres son radiais, o que beneficia as comunicacións co centro pero non nas periferias. O seu centro está en Madrid, e no transporte aéreo, Barajas ten comunicacións con moitos sitios, pero non é así na periferia.

O transporte interior de pasaxeiros e mercadorías realízase principalmente por estrada, xa que permite un servizo máis directo a baixo prezo. Porén, en distancias máis longas utilízase o aéreo.

As características técnicas modernizáronse a mediados dos anos 80, e as infraestruturas melloráronse, así como a velocidade dos medios.

Existen importantes desequilibrios territoriais na accesibilidade e intensidade do tráfico en relación co dinamismo xeográfico e económico.

O transporte exerce un forte impacto sobre o medio ambiente.

É necesario mellorar a integración no sistema de transporte europeo e mundial, xa que no europeo debe paliarse a desvantaxe da posición española, e no mundial debe aproveitarse a excelente posición demográfica.

A Política de Transporte en España

O marco no que se desenvolve a política de transporte española é dobre: no ámbito interno as competencias repártense, e no externo depende da UE.

As competencias sobre transporte repártense entre o Estado e as Comunidades Autónomas. Así, o Estado ten competencias exclusivas sobre:

  • O transporte internacional e a mariña mercante.
  • Os portos e aeroportos comerciais.
  • O espazo e o transporte aéreo.
  • Os correos e telecomunicacións.

As Comunidades Autónomas, pola súa banda, teñen competencia sobre o transporte terrestre que discorre integramente pola súa comunidade.

A política de transportes da UE pretende garantir a mobilidade de persoas e mercadorías na UE e proponse:

  • Reequilibrar o peso entre os distintos medios de transporte.
  • Fomentar as redes transeuropeas.
  • Lograr un sistema de transporte sostible e respectuoso co medio ambiente.

O Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transportes ten como obxectivo lograr un sistema de transporte equilibrado e eficaz, a sustentabilidade ambiental e a competitividade económica. Entre algunhas medidas para conseguilo destacan:

  • Corrixir a radialidade da rede.
  • Equilibrar o excesivo peso da estrada.
  • Mellorar a eficiencia, etc.

O Transporte por Estrada

As estradas conectan os distintos núcleos de poboación e constitúen unha infraestrutura clave para a accesibilidade.

Características da Rede de Estradas

As súas características son: as competencias sobre a rede repártense entre o Estado, as Comunidades Autónomas, as Deputacións e os Cabidos.

A rede de estradas presenta un deseño radial con centro en Madrid e eixes cara aos principais portos e cidades da periferia, onde está a maior poboación e actividade económica. Na actualidade, a estrutura radial mantense, aínda que se engadiron algúns eixes transversais.

O tráfico interior de pasaxeiros e mercadorías concéntrase na estrada pola posibilidade de servizo porta a porta.

As características técnicas son variadas: a rede estatal concentra a maioría das estradas e autoestradas.

Existen desequilibrios territoriais na densidade da rede, xa que é maior a das comunidades máis dinámicas e con maior poboamento. A intensidade do tráfico é máis elevada en vías de gran capacidade, como nos corredores do Mediterráneo e o Ebro. A accesibilidade por estrada é maior e máis homoxénea que a doutras infraestruturas de transporte.

As actuacións ambientais céntranse en reducir a contaminación dos automóbiles.

O Plan Estratéxico de Infraestruturas de Transporte contempla dotar a todo o territorio dunha elevada accesibilidade por estrada e pechar eixes pendentes.

A integración coa Unión Europea por estrada potenciarase mellorando as comunicacións con Francia e Portugal.

Entradas relacionadas: