Tucídides: Historiador imparcial e racionalista

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,61 KB

Pertenecía a la aristocracia ateniense. Estaba moi versado na vida pública. Nombrado estratego e por fallo seu na expedición en axuda de Anfípolis foi desterrado de Atenas durante 20 anos. A súa Historia escrita despois do Peloponeso e dividida en 8 libros. A finalidade é contar a guerra do Peloponeso.

Composición da obra

“Cuestión tucididea”: Sorprende, muriendo no 400 a.C, renuncia a contar o sucedido a partir do 411 a.C. Plantéxanse diferentes preguntas: ¿escribiu á vez que ían sucedendo os feitos, ou unha vez que xa acabaran e coñecía o desenlace?

Analíticos

Admiten varios momentos na composición da obra.

Unitarios

Piensan que, aínda que recopilara datos, non lle deu forma ata que houbo acabado.

Obxectivos

Buscar a verdade (é importante a observación directa dos feitos, a imparcialidade e a objetividade á hora de analizar os feitos). Aportar algo útil para quen queira atopar esa verdade. Perdurar, ter validez universal (mellor método de explicación = científico).

Discursos

Os usa para explicar un feito con solidez: captan a atención e informan con detalle dos máis recónditos pensamentos dos que os pronuncian. Estilo directo: escoítanse dous puntos de vista contrapostos sobre o mesmo tema.

Pensamento

Conta o presente polo seu valor exemplar.

Fuentes utilizadas: describía acontecementos que puidera presenciar el mesmo, ou examinara con todo coidado as informacións (elixe a versión con máis verosimilitude). Exclúe o divino: o motor do acontecer histórico xa non é a “envidia” dos deuses, senón a lóxica interna dos feitos e as accións dos homes. Influencia do pensamento sofístico: aplicación da crítica racional ao análise do mundo que o rodea. Pretende facer coa súa historia verdadeira ciencia, unha adquisición para sempre e non algo composto para deleitar os oídos nunha audición ocasional. Non manifesta fervor relixioso; tampouco é ateo, pero de algún modo reflicte a degeneración moral e espiritual da época. É un historiador imparcial, racionalista, humano e serio.

ἐπιτάφιος λόγος

Discurso formal pronunciado con ocasión ceremonial dun funeral. Na antiga Grecia e, en particular, na antiga Atenas, a oración fúnebre considérase un componente indispensable do ritual fúnebre. Son considerados como unha creación de Atenas, aínda que existen algúns elementos iniciais destes discursos nas epopeias de Homero e nos poemas líricos de Píndaro. O discurso fúnebre que pronunciou Pericles é unha oración fúnebre aos guerreiros mortos pola patria ao rematar o primeiro ano da Guerra do Peloponeso. Tucídides explica por boca de Pericles o eloxio do sistema ateniense e da maneira de conducirse deste pobo. Para Pericles as virtudes do réxime de Atenas e as do seu pobo son unha mesma cousa: É evidente que estas son ideas de Pericles e non de Tucídides quen non agocha en toda a obra as súas ideas antidemocráticas. Todo o discurso está construído como unha mestura de antigos valores con novos.

Tucídides alinea por parellas as dúas series de conceptos para facelos ver como compatibles:

  1. Igualdade/prestixio:
    1. Todos os cidadáns posúen por igual a capacidade da deliberación sobre asuntos da cidade e esa igualdade non é mermada por factores alleos ao propio home, como pobreza, tradición humilde, relixiosidade e outros.
    2. Sin embargo, nesa deliberación uns parecen destacar sobre outros, polo seu saber, polo seu prestixio, pola súa honradez, e, sobre todo, pola súa maior prudencia e moderación. E é natural que eses homes se convertan nos guías e nos condutores dos negocios públicos.
  2. Libertade/lei:
    1. Pericles afirma que os cidadáns atenienses viven como homes libres e conforme ás súas inclinacións praceiras e iso sen caer na crítica pública nin na perda de dereitos. O que non logra a realización completa é porque é incapaz ou non quere, pero non porque non goce de liberdade.
    2. Pero xunto á liberdade e como equilibrio e tensión hai de respectarse a lei, que é “reina de todos”. Hai un ideal de valor, respecto á lei, riqueza, lecer cultivado, capacidade de decisión, integración nun sistema do que se é garante e protexido; todos estes rasgos considéranse unitarios. Son a areté do ateniense e do réxime de Atenas. Para que iso ocorra os ideais aristocráticos tiveron que perder aquilo que teñen de exclusivista: desprezo da pobreza e o traballo en asuntos privados ou feito coas mans, creencia nunha superioridade e inferioridade que se transmiten por herdanza.

Entradas relacionadas: