Turismo e Comercio en Galiza: Análise e Tipos
Clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,82 KB
Definición de Turismo e Contexto Xeral
Segundo a Organización Mundial do Turismo das Nacións Unidas (OMT), o turismo comprende as actividades que realizan as persoas durante as súas viaxes e estadías en lugares distintos ao do seu contorno habitual por un período de tempo consecutivo inferior a un ano.
O sector turístico en España ten un papel clave na súa economía.
O Turismo e o Comercio en Galiza
O Comercio Galego: Estrutura e Evolución
Aínda que a situación mellorou nos últimos tempos, o certo é que a actividade comercial na Galiza estivo condicionada polo atraso da estrutura produtiva do sector primario. Esta deficiencia impediu que as empresas galegas se fixesen cargo da comercialización dos seus produtos, o cal orixinou a aparición de empresas de grande escala que controlan os prezos agrarios e provocan a súa alza xeneralizada, cos conseguintes prexuízos tanto para quen produce coma para quen consume.
O comercio retallista está dominado, sobre todo no rural, por tendas de carácter familiar, pouco especializadas e cun volume de vendas reducido, que provoca a conseguinte suba de prezos para que o negocio sexa rendible. Por iso, a crecente implantación de grandes superficies comerciais nas sete cidades galegas e en moitas vilas de tamaño medio provocou o peche dun bo número destes pequenos establecementos ou a súa reconversión cara ás artesanías ou os produtos tradicionais ou moi especializados.
Turismo en Galiza: Áreas e Modalidades Principais
A pesar das potencialidades que ofrece o territorio, o turismo non atinxiu un elevado nivel de desenvolvemento na Galiza, xa que só xera o 5,9 % dos empregos, fronte ao 6,7 % do conxunto do Estado. A estancia media dos turistas é tamén baixa (inferior a dúas noites), dato este no que intervén a acusada estacionalidade do sector. Os meses de xullo e agosto concentran as dúas terceiras partes das viaxes a Galiza e o 80 % dos días de estancia.
Entre as principais modalidades turísticas destacan:
- Turismo de sol e praia: Concéntrase principalmente nas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, que contan con máis días de sol, numerosos areais e maior accesibilidade ca outros tramos do litoral.
- Turismo cultural: Centrado especialmente en Santiago de Compostela, cidade que destaca tamén como unha importante sede de congresos e convencións.
- Turismo rural: Adquiriu un gran auxe na última década.
- Outras modalidades:
- Turismo de neve: Monopolizado pola estación invernal de Cabeza de Manzaneda, cunha demanda en constante crecemento.
- Turismo de balneario: De gran potencialidade na nosa comunidade.