Vangardas e Exilio na Literatura Galega: Autores Clave

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,77 KB

As Vangardas e a Renovación Poética Galega

O Tempo das Vangardas Europeas

Aparecen por Europa grupos de artistas mozos que rexeitan as súas tradicións culturais, por consideralas caducas e incapaces de expresar as novas realidades culturais e científicas. Os principais movementos de vangarda son:

  • O Futurismo
  • O Cubismo
  • O Dadaísmo
  • O Surrealismo

A Renovación Poética en Galicia

Na renovación poética en Galicia destacan tres movementos principais:

  • O Imaxinismo (ou Hilozoísmo): o que mellor representa este movemento é Amado Carballo.
  • O Neotrobadorismo: os que mellor o representan son Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro.
  • O Vangardismo: os que o representan mellor son Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro.

Manuel Antonio: Poeta Vangardista Galego

Dende pequeno estivo moi vinculado ás Irmandades da Fala, e tamén mantiña contacto cos homes do Grupo Nós e con compañeiros da súa xeración como Rafael Dieste. Comeza os seus estudos náuticos en Vigo e posteriormente realizou un par de navegacións. Máis adiante enfermou e morreu en Rianxo. Aínda que moitos poemas del apareceron en xornais, na súa vida só publicou un libro, De catro a catro, que é a súa obra máis importante. Tamén fixo outros libros como: Foulas, Viladomar e Con anacos do meu interior. As obras caracterizábanse por unha linguaxe renovadora na que elimina a métrica e a rima.

Rafael Dieste: Escritor Exiliado da Xeración do 22

Naceu en Rianxo, pasou moitos anos exiliado en Bos Aires. Forma parte da chamada Xeración do 1922. En toda a súa obra vese un estilo que non é realista nin costumista. Os seus libros máis importantes foron: Dos arquivos do trasno e A fiestra valdeira.

O Traballo Cultural dos Exiliados Galegos

O Labor Cultural do Exilio Galego

Diversos exiliados como Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Emilio Pita, entre outros, levaron a cabo diversas iniciativas para manter a cultura galega:

  • Edición de revistas culturais e literarias.
  • Creación dun teatro galego.
  • Creación de canles para a publicación de libros galegos.
  • Extenso labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante.

Luís Seoane: Artista e Editor no Exilio

Fillo de emigrantes, naceu en Bos Aires, e volveu a Galicia cando tiña 6 anos. Estudou dereito en Santiago aínda que estaba máis atraído polo mundo da arte. Na Guerra Civil exiliouse a Bos Aires e alí fundou editoriais, revistas e ilustrou libros. Os seus libros máis importantes son: Fardel de eixiliado, Na brétema de Sant-Iago, A soldadeira e O irlandés astrólogo.

Eduardo Blanco Amor: Xornalista e Novelista do Exilio

Naceu en Ourense pero emigrou a Bos Aires para evitar o servizo militar e alí conseguiu traballo de xornalista. Entrou en contacto con grandes escritores como García Lorca. A Guerra Civil colleuno en Bos Aires. Creou o Teatro Popular Galego. As súas obras máis destacadas son: A esmorga (trata dunha declaración de dous personaxes, Cibrán e o Milhomes, tras a morte do Bocas despois dunha fin de semana de festa), Os biosbardos e Poema en catro tempos.

Entradas relacionadas: