As Vangardas en Galicia: Literatura e Arte
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,77 KB
O Tempo das Vangardas
Como resposta á fonda crise das artes, a comezos do século XX xurdiron en Europa os movementos vangardistas, grupos artísticos que promovían unha renovación radical das linguaxes en todas as expresións culturais.
A Orixe das Vangardas:
A comezos do século XX, aparecen en toda Europa grupos de artistas novos que rexeitan as súas tradicións culturais por consideralas caducas e incapaces de expresar as novas realidades. Tamén influíu a situación política (guerras, conflitos sociais) e os cambios que permiten reflectir a vida moderna.
Estes grupos queren explorar novos camiños expresivos, creando técnicas novas (colaxes, metáforas...) e difunden as súas ideas con manifestos. As súas características comúns son: o desexo de modernidade, o arte como autonomía, a oposición ao Romanticismo e ao sentimentalismo, e a ruptura das barreiras entre xéneros.
Principais Movementos das Vangardas:
Futurismo
Movemento creado por Marinetti en 1909 que defende que a arte debe reflectir o mundo moderno. Resalta a valentía, o perigo, a velocidade e as máquinas. Defende as palabras en liberdade para poder chegar ao discurso esencial e libre.
Cubismo
Movemento que tivo un protagonismo principal na pintura, captando a realidade e seguindo métodos científicos. Emprega as formas xeométricas, o colaxe, os caligramas e rompe coa perspectiva clásica.
Dadaísmo
Movemento que naceu en Zúric (1916) e que propón unha negación e revolta contra a sociedade e a cultura do momento. Pretende plasmar o caos e proxectar o que sente o artista pola crise.
Surrealismo
Movemento liderado por André Breton, que tivo moita influencia na literatura, a pintura e o cine. Destaca a creación e manifesta un forte compromiso político. Na literatura, a obra escrita debe facerse desde o humor, a escrita automática e o absurdo.
As Vangardas en Galicia
En Galicia hai unha renovación literaria, concretamente na poesía, pola influencia dalgunhas vangardas europeas. A cultura galega, dende o Rexurdimento, loitaba por asentarse, o que impediu o bo desenvolvemento dos movementos vangardistas. As mostras máis significativas do papel das vangardas en Galicia son o incremento de revistas literarias e “Máis Alá!” (1922, Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro).
Tamén destacan as revistas literarias: Alfar (revista coruñesa difusora das correntes estéticas da vangarda internacional) e Ronsel (creada en Lugo en 1924 por Correa Calderón e Álvaro Cebreiro). Outras revistas son Papel de cor, Cristal, Resol e Yunque.
As Vangardas na Pintura Galega
A pintura que se facía en Galicia foi moi influída polos movementos vangardistas. Durante os anos 20 e 30, xorde no noso país un grupo de pintores chamado "Os novos" que renova a arte igual que os poetas renovaron a súa. En Carlos Maside está o principio da modernidade da pintura galega.
A Xeración de 1922
A chamada Xeración do 22 ou das Vangardas é un grupo de escritores que realizaron a renovación literaria dos anos 20 e 30, pretendendo crear unha literatura nova.
As Liñas de Renovación Poética
A renovación poética en Galicia deu lugar a tres movementos:
- Imaxinismo
A súa figura principal é o poeta Luís Amado Carballo, que finou con 26 anos. Este deixou dous libros de poemas: Proel e O Galo, ademais da novela Os pobres de Deus. A métrica é como nas composicións poéticas tradicionais e na poesía atopamos unha paisaxe humanizada, con novas imaxes de influencia vangardista.
- Neotrobadorismo
Recupera as estruturas formais da lírica medieval e algúns temas desde a sensibilidade contemporánea. Esta corrente nace do impacto causado polas cantigas medievais de amigo e de amor. Principais poetas: Fermín Bouza Brey (Nao senlleira) e Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira).
Vangardismo
Representado polos poetas que asumiron as propostas dalgúns movementos vangardistas. É o caso de Álvaro Cunqueiro: co libro Mar ao norde (poesía achegada ao cubismo, abstracto) e Poemas do si e non (a influencia surrealista vese na expresión do subconsciente e na imaxe onírica). O poeta máis destacado é Manuel Antonio, cunha obra influída polo creacionismo.
Manuel Antonio: Vida e Obra
Naceu en Rianxo (1900). Dende mozo estivo conectado coas Irmandades da Fala e mantivo contacto cos homes do grupo Nós. Estuda Náutica en Vigo (1919) para despois facer diversas navegacións. Regresa a Rianxo porque padece tuberculose e morre con 29 anos (1930).
Durante a súa vida, publicou un único libro: De catro a catro (1928), e algúns poemas apareceron en revistas e periódicos. Os outros libros que non chegou a publicar son: Con anacos do meu interior (mestura as influencias modernistas e vangardistas), Foulas (o anterior + poemas inspirados nos caligramas), Sempre e máis despois (extenso poema narrativo) e Viladomar (o seu último libro inacabado).
De Máis Alá! a De catro a catro
"Máis Alá!" é o principal texto teórico da vangarda en Galicia, cuxos responsables son Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. No manifesto, hai unha paixón revolucionaria, un eloxio do individualismo e unha crítica ao ruralismo e aos antigos conceptos estéticos. Ademais de conter unha declaración de principios, tamén defende a lingua e a idea nacionalista.
De catro a catro é o principal libro de Manuel Antonio, cuxo subtítulo é "Follas sen data dun diario de abordo" porque o compuxo durante unha navegación. Contén 19 poemas, xeralmente dende a perspectiva do mar, porque é o diario poético dunha viaxe física e interior marcada pola soidade. Emprega unha linguaxe experimental e renovadora, influída polo creacionismo.
Rafael Dieste: A Renovación da Prosa
Rafael Dieste naceu en Rianxo (1899) e finou en Santiago (1981). Pasou moitos anos exiliado en México e Bos Aires. É autor de obras narrativas, teatro e ensaio, sendo o principal prosista da xeración do 22.
A súa obra destaca polo espírito anovador, e non polo realismo costumista (o que predominaba naquela época na prosa galega). O seu libro de relatos Dos arquivos do trasno mostra a modernidade da súa narrativa, unindo sutilmente a realidade coa imaxinación, sobre todo nos personaxes.
A obra de teatro A fiestra valdeira é orixinal e innovadora, contribuíu ao noso teatro e trátase dunha comedia de tema a identidade cultural.
A situación lingüística hoxe
A sociedade galega caracterízase polo mantemento de porcentaxes altas de falantes iniciais, pero ao mesmo tempo pola desgaleguización das diferentes xeracións nos últimos 40 anos. En primaria, continúa a perda de falantes iniciais de galego.
O alto número de galegofalantes habituais séguese mantendo. Os seus usos orais e habituais mostran unha importante actividade e na práctica aumenta o uso bilingüe. Pola desaparición do monolingüísmo en galego, aumenta lentamente o monolingüísmo castelán.