As vangardas na literatura galega do século XX

Enviado por Hugo Francos y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,3 KB

A principios do século XX a visión da realidade cambia debido a descubrimentos en diferentes eidos. Nese contexto, inícianse as vangardas co obxectivo de rebelarse contra o convencional.

Entre 1900 e 1930 desenvólvense correntes estéticas denominadas ismos, entre os que destacan os seguintes:

Futurismo:

Caracterízase pola exaltación da mecánica e dos logros da técnica.

Cubismo:

A súa forma paralela na literatura son os caligramas.

Dadaísmo

Surrealismo:

Propugnou a liberación do subconsciente e do mundo dos soños.

Creacionismo:

Manifesta que a arte non debe imitar a realidade.

Ultraísmo

Na década de 1920 comezáronse a introducir as vangardas en Galicia mediante revistas como A Nosa Terra e Nós, as que cómpre engadir publicacións vangardistas como Alfar, Ronsel, Resol, Cristal e Papel de color.

Cómpre distinguir 2 tendencias vangardistas na literatura galega:

- A vangarda matizada: Está composta polo hilozoísmo, cultivado por Amado Carballo, que bebe da tradición da paisaxe e entroncou coa tradición paisaxística de Rosalía, Noriega e Cabanillas, e polo neotrobadorismo, que agroma despois do descubrimento dos cancioneiros medievais e é cultivado por Álvaro Cunqueiro e Fermín Bouza Brey.

- A vangada plena: destacan o creacionismo de Manuel Antonio e o surrealismo de Álvaro Cunqueiro.

Luís Amado Carballo foi considerado como o mestre do hilozoísmo e publicou dúas obras, Proel e O galo.

Fermín Bouza Brey toma da literatura popular o refrán, o paralelismo, a ambientación e o léxico. Trata a soidade e temas paisaxísticos e amorosos. No seu primeiro libro, Nao senlleira cultiva o neotrobadorismo e no segundo, Seitura, céntrase na infancia, na relixiosidade e na misión da poesía.


Álvaro Cunqueiro cultivou tendencias vangardistas nas súas obras, entre as que destacan:

Mar ao norde:

Nela cultiva o cubismo. Trátase dun mar hermético e abstracto, similar ao de Manuel Antonio.

Poemas de si e non:

Cultiva o surrealismo.

Cantiga nova que se chama riveira:

Nela cultiva o neotrobadorismo. Emprega recursos paralelísticos e un léxico medievalizante.

Manuel Antonio é a figura máis innovadora das vangardas e simboliza a completa modernización do galego.

O seu incompromiso lévao a entregarse ao labor das Irmandades da Fala, aínda que máis tarde xulgou unha falta de atención por parte dos seus membros.

O manifesto "Máis alá!" é un breve folleto publicado en 1922 e aparece dividido en catro partes:

- As dúas primeiras están adicadas á literatura galega. Critica aos seus contemporáneos e aos precursores.

- Na segunda parte arremete contra os escritores galegos que empregan o castelán.

- No terceiro apartado expónse a súa individualidade sen adscribirse a ningún movemento.

- Na última fai unha chamada á mocidade.

Manuel Antonio renuncia ao ritmo, á rima e ao sentimentalismo poético.

En canto á súa obra poética, Manuel Antonio publicou as seguintes obras: Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e mais despois e De catro a catro, obra que inicia a vangarda plena e que aporta unha visión innovadora dun mar interior. A estrutura desta obra é circular (saída, navegación, recalada e regreso). De catro a catro contén uns símbolos que marcan a viaxe interior, como o barco (eu lírico), o mar (dinamismo vital), a navegación (a vida), entre outros.

En definitiva, atopámonos ante unha etapa poética na que os autores conseguen, a través das vangardas, crear unha poesía totalmente renovada.

Entradas relacionadas: