Vanguardas Galegas: Neotrobadorismo, Creacionismo e Surrealismo

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,7 KB

As vangardas galegas

En Galicia conflúen, ademais do coñecemento dos ismos e da súa ansia rupturista, os condicionantes dunha cultura minorizada. Estes condicionantes levan aos nosos autores a unha valoración e a un respecto pola obra dos devanceiros descoñecida na actitude das vangardas veciñas.

Neotrobadorismo

A edición de Cantigas de Amor, 1928, polo portugués José Joaquim Nunes, provoca unha pequena conmoción no ambiente literario da época e ofrece novos argumentos a prol da conciencia diferencial galega. Bouza Brey é o principal representante do neotrobadorismo.

Creacionismo

Manuel Antonio como poeta é o único representante deste ismo en Galicia. Caracterízase pola creación dunha realidade autóctona e persoal no poema.

Surrealismo

Álvaro Cunqueiro destaca como poeta surrealista en dúas das súas obras. Nalgunha ocasión incluíuse a Manuel Antonio dentro deste movemento.

A poesía das Irmandades

Poesía Narrativa

  • O bendito S. Amaro: narra, en romance octosilábico, a lenda deste santo, venerado na comarca do Salnés (Ría de Pontevedra, Sanxenxo, Cambados). Conta a vida e a conversión milagrosa de Amaro de Arentei.
  • Na noite estrelecida: marca o cume poético do autor. Narra en tres partes ou sagas certos episodios da Materia de Bretaña. Emparentado coa épica medieval.
    • 1ª Saga: “A espada Escalibor”, conta como Artur é o único que consegue desencravar a máxica espada da rocha na que ficaba chantada. Consecuentemente é coroado rei na catedral de Caerleón.
    • 2ª Saga: “O cabaleiro do Sant-Grial”, un cabaleiro sairá escollido para a busca do Grial, o vaso sagrado. Este cabaleiro, que será Galahaz, ten a visión do Grial nas terras galegas do Cebreiro.
    • 3ª Saga: “O sono do rei Artur”, Galahaz volve ás terras de Gales e rende homenaxe ante o rei Artur. O rei aparece mergullado no sono que antecede á súa marcha deste mundo e profetiza a chegada de novos tempos gloriosos para o pobo celta (celto-galego, en concreto). Artur emprende a súa viaxe misteriosa e a obra cérrase con outra chamada profética.

Na noite estrelecida é a adaptación de materiais moi diversos ao servizo da visión que Cabanillas desexaba para a nosa historia común (concepción que tamén movera a Pondal). Trátase, en definitiva, de crear as nosas glorias históricas, de glosar a nosa propia mitoloxía, os nosos propios heroes. O sincretismo caracteriza e dá valor de seu ao longo poema de Cabanillas.

Entradas relacionadas: