Variedades lingüísticas: conceptos e clasificacións

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,06 KB

Variedade lingüística

É un fenómeno que se observa facilmente ao reparar na gran cantidade de linguas que se falan no mundo. Ten importancia no interior de cada idioma en forma de variedade interna (temporal, espacial, sociocultural, situacional).

Variedades segundo o eixe temporal

  • Variedade sincrónica: É cada unha das variedades históricas da lingua que presenta unhas características homoxéneas e aparece claramente delimitada.
  • Variedade diacrónica: Está constituída polas diferenzas que as linguas presentan ao longo da súa evolución no transcurso histórico.

Variedades segundo o eixe espacial

  • Variedade sintópica: É cada unha das variedades xeográficas dunha lingua caracterizada por uns trazos comúns e claramente delimitada no espazo.
  • Variedade diatópica: Está composta polo conxunto das diferenzas lingüísticas propias de cada zona do territorio ocupado por unha lingua histórica.
  • Dialecto: Nome que recibe a variedade adoptada polo idioma nunha certa área do seu dominio espacial.

Variedades segundo o eixe sociocultural

  • Variedade diastráxica: Eixe sociocultural formado polo conxunto das diferenzas lingüísticas propias de cada un dos distintos estratos sociais, económicos, culturais e profesionais aos que pertencen os falantes.
  • Variedade sinestráxica: Cada unha das variedades socioculturais da lingua que presenta unhas características homoxéneas e aparece delimitada.
  • Nivel da lingua: Destreza lingüística que, por extracción social, cultural e educación, posúe un falante.
  • Nivel culto: Modelo máximo de corrección lingüística, propio de falantes con formación cultural elevada, dicción clara, corrección gramatical, riqueza léxica, exactitude e precisión na expresión, e utilización limitada dos códigos non verbais.
  • Nivel vulgar: Uso lingüístico descoidado por falta de instrución (persoas incultas): pronunciación descoidada, vulneración das regras gramaticais e frecuentes fallos fónicos, morfosintácticos e léxicos, elevado ton de voz, pobreza de vocabulario e palabras malsoantes.

Variedades segundo o eixe situacional

Variedade diafásica: Garda relación coas situacións nas que se usa a lingua ou co tipo de comunicación que establece o falante.

  • Rexistro formal: Modalidade de uso idiomático elaborado, propio de situacións académicas, literarias ou formais. Estilo respectuoso, ritual e elevado.
  • Rexistro coloquial: Modalidade de uso idiomático espontáneo en situacións informais de uso cotián. Estilo íntimo, amigable e neutro.
  • Variedade estándar: Unha das linguas funcionais que se dá nunha lingua histórica; aquela que se escolle como modelo de lingua común e que é identificada e aceptada polos falantes.

Entradas relacionadas: