Variedades lingüísticas no galego
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,46 KB
Sintáxe
- Cl.Compostas: Copulativas (e, nin), Disxuntivas (ou), Distributivas (ou..ou, ora...ora, quer..quer,sexa...sexa,cando..cando)
- Cl.Complexas: as que teñen subordinadas dentro dela.
- Cl.Bipolares:Condicionais (CONDICIONANTE e CONDICIONADO (como se, como, en caso de que, a pouco que)), Opositivas (Opositivas Adversativas (TESE e ANTÍTESE(pero, non obstante, senón que, ora ben, así e todo)) e Opositivas Concesivas (CONCESIÓN e CONSECUENTE(aínda que, mesmo que, malia que, a pesar de que))), Causativas (Causativas Causais (EFECTO e CAUSA(porque, visto que, por causa de que, pois, como, xa que)) e Causativas Consecutivas(ANTECEDENTE e CONSECUENTE(logo, entón, daquela, de sorte que, polo tanto, de xeito que, de modo que, de maneira que, así que..)), Cuantitativas (Cuantitativas Comparativas (COMPARADO e COMPARANTE(máis, menos, igual que, o mesmo que, tanto como)) e Cuantitativas Proporcionais (INTESIFICANTE e INTESIFICADO(canto, así que, en canto, conforme, segundo, á medida que).
Que en Sintaxe
Nas cláusulas subordinadas substantivas funciona solo de nexo e é unha conxunción. Nas adxectivas funciona de nexo e de Suxeito, CD ou SUPL e é un pronome relativo. Nas adverbiais é un nexo e un adverbio relativo.
IDENTIFICACIÓN DE SUBORDINADAS: as substantivas van despois dun verbo ou unha preposición (Suxeito, CD e SUPL), as adxectivas van despois dun substantivo e as adverbiais son un adverbio relativo.
Fenómenos lingüísticos que presentan variedades no terr.
Fonética
-O resultado dos grupos latinos -ULT e -UCT. (loita, luita, luta, lutia).
-Os grupos latinos QUA- e GUA- (catro/cuatro, gardar/guardar)
Gheada: é a realización d consoante oclusiva velar sonora g como asp.far.
-Seseo: é a ausencia da oposición entre o fonema fricativo interdental xordo /0/ e o alveolar fricativo xordo /s/ que se neutraliza en /S/. Existe seseo total e parcial.
-Rotacismo: o paso de s a r diante de consoante sonora (derde, ar vacas, or nosos).
Morfosintaxe
-A evolución das terminacións latinas -ANUM e -ANAM(irmán/irmá) (irmao/irmá).
-O resultado das terminacións latinas -INUM e -INAM(de veciño a vecín)
-Plural dos nomes rematados en -l (reales, reás e reais)
-O plural dos nomes rematados en -n (ladróns, ladrós, ladrois).
-A forma masculina singular do artigo: maioritariamente "o" pero no galego de Asturias é "el" ou distinto para o feminino.
-Os demostrativos presentan tres modelos: iste, esta, esto, ise, esa, eso, aquil, aquela, aquelo en Ourense e en Lugo. Este, esta, isto, ese, esa, iso, aquel, aquela, aquilo en Coruña e Pontevedra.
-Pronome suxeito de 2ª persoa do singular: "ti" na Coruña e Pontevedra e "tu" no resto.
-Pronome suxeito de 3ª persoa do singular: "el" maioritaria e "il" en Lugo e Ourense.
-Pronomes átonos te/che: da Coruña ata a Ría de Arousa prodúcese o cheísmo. No Baixo Miño e no leste de Ourense prodúcese o teísmo.
-As formas da 1ª persoa do Pretérito dos verbos da 1ª conxugación.
-A terminación da 2ª persoa do plural do Pretérito.
-Variantes para a 2ª e a 3ª persoas de singular do Pretérito en 2ª conx.
-Distribución de cantabamos/cantábamos.
-Distribución dos perfectos cantano/cantaron: propio do occidente coruñés.