Os vellos non deben namorarse analisis

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,34 KB

O difícil camiño cara á normalización cultural de Galicia e cara á adquisición dun teatro de calidade, que se desenvolve a medida que avanza o século XIX, presentará problemas como a inexistencia fun público específico, a falta de profesionalización así como a incidencia no carácter didáctico dos textos dramáticos e a persistencia no tempo de certos modelos do teatro rexionalista,sen esquecernos do predominio da dramática escrita en verso. En 1882 iníciase o teatro rexionalista coa obra “A fonte do xuramento” de Francisco María de la Iglesia. Aparecen outras obras como “O fidalgo” de San Luís Romero, “A Ponte” de Lugrís Freire e ensaios como ¡Filla…! De Galo Salinas. En fin, o labor  da dramaturxia rexionalista permitiu conformar un movemento en defensa do teatro galego e a existencia dunha actividade teatral de forma continuada en Galicia.Ó longo do 1º terzo do S. XX producirase un progresivo desenvolvemento tanto das actividades teatrais como da confección dos textos dramáticos. As Irmandades da Fala crearán en 1919 o Conservatorio Nacional de Arte Galega e con el confírmase a aparición dunha verdadeira dramaturxia nacional galega, que vai máis alá dos espectáculos folclorizantes e costumistas. Foi moi importante o labor de Antonio Villar Ponte que tivo moi presentes as potencialidades do teatro como un elemento para desenvolver o seu proxecto nacionalista. Buscaba modernizar a tradición cultural con espectáculos de calidade que permitisen captar novas capas da sociedade para a causa do galeguismo. Antonio Villar Ponte colaborou con Ramón Cabanillas na creación de “ O Mariscal”, obra que representaba a liña teatral que desexaban as Irmandades. Outra obra de Cabanillas foi “ A man da Santiña”, a cal manifesta unha capacidade de deseño e depuración artísticas.Con todo, é preciso sinalar que as obras que a Xeración Nós nos deixaron viñan cadrar co afán, xurdido nas Irmandades, por crear unha dramaturxia galega capaz de ofrecer produtos de calidade e que lle puidesen interesar a un público culto. Vicente Risco escribiu “O bufón d´El rei”, de carácter simbólico. Pedrayo escribiu “ A lagarada”, unha mestura de escenas realistas con outras fantásticas; tamén “Teatro de máscaras”, de carácter máis innovador que se achega ás vangardas. Por último, Castelao configurou unha teoría teatral que plasmou na súa obra “Os vellos non deben de namorarse”, estreada no exilio durante a posguerra. Foi a obra máis importante do 1º terzo do XX. Por outra parte, cómpre sinalar que o teatro tamén foi cultivado polas vangardas, aínda que distan da rotundidade dos ismos. Destacan Xaime Quintanilla, con “Donosiña” e “Alén” así como Rafael Dieste con “ A fiestra baldeira”.Como consecuencia da Guerra Civil, paralizáronse as actividades culturais de signo galeguista. Nos obstante, a partir dos anos 60, as novas circunstancias sociais, económicas…van propiciar un rexurdir da actividade teatral. En 1973, a celebración da 1º Mostra de Ribadavia, organizada pola agrupación Abrente, será o resultado do esforzo de moitas persoas.

Entradas relacionadas: