Verbos regulares e irregulares en galego

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,57 KB

Os verbos regulares mantén inalterada a súa raíz en todos os tempos e modos, excepto no acento e na grafía.

Verbos semirregulares

Os semirregulares alteran o vocalismo da raíz ou VT no tema de presente. As irregularidades afectan só o Presente de Indicativo, Presente de Subjuntivo e Imperativo e poden ser de diferente tipo:

1º conx:

Nalgúns verbos que teñen vogal radical (a que aparece xusto antes da vogal temática) /e/ ou /o/ pasa a ser /é/ ou /ó/ respectivamente nas formas do Presente Indicativo, Subxuntivo e Imperativo que leven o acento na raíz (rizotónicas), mentres que segue sendo media pechada nas formas arrizotónicas (que non teñen o acento na raíz) EXEMPLO: ACORDAR Conxúgase seguindo este modelo verbos como alegrar, colgar, esperar, espertar, levar ou negar entre outros.

2º conx:

Na maior parte dos verbos con /e/ ou /o/ como vogal radical, prodúcese a alternancia con /i/ e /u/ respectivamente na 2º, 3º e 6º persona do Presente de indicativo. EXEMPLO BEBER COMER

Sofren esta alternancia a maior parte dos verbos da 2º conx con /e/ ou /o/ como vocal radical: acender, temer, vencer, xemer, cocer, coller, mover, torcer ou volter. Tamén aqueles nos que o infinitivo remata en "-ecer", excepto aquecer e esquecer.

3º conx:

Poden sufrir alternancia verbos que presentan /e/ ou /u/ como vogal radical, de acordo con 3 modelos posibles: EXEMPLOS: SEGUIR ADVERTIR FUXIR

Conxúganse como seguir os verbos ferir, mentir, sentir...

Siguen o modelo de advertir adherir, agredir, divertir...

Sofren a mesma alternancia que Fuxir cuspir, cumprir, lucir...

Verbos semirregulares por particularidades na vogal temática

Son semirregulares os seguintes verbos:

  • Os da 2º e 3º conx con raíz terminada en -a ou -o, que presentan -í- na 1º p do presente de indicativo e en todo o presente de subxuntivo. Ex: caer: ca-i-o, ca-i-a,n...
  • Os verbos crer, ler e rir nos que a vogal temática se asimila á vogal radical: exemplo: crer, le-mos

Verbos irregulares

Os verbos irregulares teñen variación no lexema (fac-emos/ fix-estes) e poseen un modelo propio de conxugación que só comparten cos seus derivados (refix-emos)

A maioría dos verbos irregulares posúen unha raíz específica para os tempos de pretérito (pretérito e antepretérito de indicativo e pretérito e futuro de subxuntivo): tiv-en, estiv-eran, houb-ese....

Entradas relacionadas: