Vicente Risco e Castelao: vida e obra do galeguismo
Enviado por Miguel Ángel y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,74 KB
Vicente Risco: vida e obra
Vicente Risco: nado en Ourense, amigo de Otero Pedrayo, estudou Dereito e Maxisterio, e fundou en 1917 a revista La Centuria. En 1920 participou na creación de Nós e publicou a Teoría do nacionalismo galego. A Guerra Civil levouno a renegar do galeguismo ao ver o que pasara aos seus compañeiros.
Producción narrativa
Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros: relato situado no mundo extraordinario e de ultratumba, cargado dun amor macabro, deixando clara a súa ideoloxía. Esta obra rompe cos tópicos da tradición do século XIX e incorpora o esoterismo e o mundo máxico.
Porco de pé: única novela que escribiu; conta a historia de don Celidonio, comerciante foráneo que se instala na cidade de Auria. Alí vai ascendendo socialmente, chegando a ser alcalde e heroe local, pero incorporando valores baseados na utilidade e na acumulación do diñeiro. A figura do protagonista está caracterizada satiricamente como un porco para criticar desde a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía ata a perda da galeguidade.
Recursos narrativos:
- Ironía
- Enumeración
- Imágenes caricaturescas
Producción ensaística
Gran teorizador cun grande afán didáctico. Teoría do nacionalismo galego (1920) converteuse no ideario das Irmandades e na guía das seguintes xeracións galeguistas. Nós, os inadaptados, publicado na revista Nós, expón a evolución ideolóxica da súa xeración.
Castelao: vida e obra
Castelao: naceu en Rianxo no seo dunha humilde familia mariñeira. Entre os 10 e os 14 anos viviu en Arxentina. Volveu e cursou a carreira de Medicina en Santiago de Compostela. En 1916 comezou a traballar como profesor de debuxo en Pontevedra (gran debuxante). Aquí integrouse nas Irmandades da Fala. Foi director creativo de Nós e foi elexido deputado galeguista con Otero, o que culminou co Estatuto de Autonomía. No 1936 exilouse a Bos Aires pola Guerra Civil.
Producción narrativa
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete: o protagonista, un esqueleto, narra as peripecias dos seus compañeiros no cemiterio. A obra desenvolve o compromiso social e o humor.
Cousas: creación moi orixinal. Trazos básicos: unidade perfecta entre debuxo e texto, carácter sintético e carente de artificiosidade, combinación de lirismo, realismo e humor, e protagonismo do pobo.
Producción ensaística
Entre as súas obras ensaísticas destacan As Cruces de Pedra en Gran Bretaña, Sempre en Galiza e As Cruces de Pedra en Galiza.