Vicente Risco: Etapas do Pensamento, Valores e Crítica da Modernidade

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,23 KB

O Pensamento de Vicente Risco

As Tres Etapas do Pensamento de Risco

Na súa obra e pensamento pódense considerar tres etapas principais:

  1. Etapa pregaleguista (ata 1917). Culmina coa experiencia da revista La Centuria en 1917.
  2. Etapa galeguista ou nacionalista (1918 - Guerra Civil). Iníciase co seu ingreso nas Irmandades da Fala en 1918 e conclúe coa Guerra Civil.
  3. Etapa de nacional-catolicismo (Posguerra). Afástase do galeguismo e da literatura galega.

Sistema de Valores e Trazos Fundamentais

A pesar dos xiros e contradicións do seu pensamento, atopamos sempre na obra de Risco un sistema de valores cun conxunto de trazos definitorios:

  • Individualismo e elitismo persoal

    Rexeita as ideoloxías que se basean na forza das masas. El defende que “ser diferente é ser existente”. Considérase a si mesmo inadaptado e condenado ao excentrismo nun tempo en que domina o pensamento gregario e materialista.

  • Irracionalismo e crítica da ciencia

    Pensa que os avances da ciencia e da tecnoloxía deshumanizan e converten as persoas en simples apéndices das máquinas.

  • Evolución histórica e decadencia de Occidente

    Risco defende unha evolución das culturas e dos pobos semellante á dos seres vivos, cunha fase de formación, unha de plenitude e outra de decadencia. A decadencia coincide xustamente coa fase de maior puxanza material e económica. Para el, Occidente estaría nesa fase de decadencia.

  • Relixiosidade e espiritualismo

    Sempre buscou un sentido transcendente á existencia. Na primeira etapa atopouno na espiritualidade oriental. A partir dos anos vinte refuxiouse no catolicismo e defendeu que a única saída para a crise da cultura occidental era a recuperación dos valores da relixiosidade medieval.

  • A recuperación dos mitos

    Na súa liña de afastamento do pensamento científico, defende a recuperación dos mitos. A Atlántida, o Graal e outros mitos cristiáns coma a figura de Satán como materialización do mal están presentes sobre todo na última etapa da obra de Risco.

Entradas relacionadas: