Vocabulario Galego Esencial: Termos e Definicións

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,51 KB

  • Lapada

    Golpe dado na cara coa man aberta.

  • Fochicar

    Escarvar na terra.

  • Enlear

    Envolver de maneira desordenada, formando unha lea.

  • Dique

    Obra de construción que permite poñer os barcos en seco para reparalos.

  • Arrepío

    Estremecemento causado polo frío, medo, etc.

  • Aceno

    Movemento que se fai para expresar algo sen palabras.

  • Cirola

    Pantalón masculino que vai da cintura ao xeonllo.

  • Ronsel

    Marca que deixa unha embarcación pola popa.

  • Surrealista

    Persoa que pretende liberar a arte de toda atadura racional, moral e estética que abarca a creación no máis profundo do home.

  • Amalló

    Cordón que se usa para atar o calzado ou para suxeitar algo.

  • Agasallar

    Tratar ou acoller con hospitalidade, mostras de atención e cortesía.

  • Bosquexo

    Debuxo feito só cos trazos esenciais.

  • Encrequenada

    Que se dobra polas costas.

  • Corcova

    Curvatura esaxerada das costas ou do peito producida por unha desviación da columna.

  • Liscar

    Marchar moi a presa.

  • Grella

    Obxecto formado por barras de ferro para poñer carne e peixe para asar sobre as brasas.

  • Soneca

    Sono curto e lixeiro.

  • Treboadas

    Chuvias intensas que teñen pouca duración.

  • Trousar

    Lanzar pola boca algo contido no estómago.

  • Remorso

    Desacougo, pesar que se sente por ter a conciencia de que se actuou mal.

  • Desguellada

    Cabeleira desordenada, sen peitear.

  • Meirande

    Máis grande.

  • Saudade

    Sentimento no que o suxeito vive unha perda ou experimenta unha aguda nostalxia.

  • Protocolo

    Conxunto de documentos que custodia un notario.

  • Inhibidor

    Que se abstén de participar nun asunto por calquera motivo.

  • Testosterona

    Principal hormona sexual producida polos testículos, que é a principal responsable do desenvolvemento dos caracteres sexuais secundarios.

  • Endocrinólogo

    Especialista no estudo das glándulas endócrinas e das súas secrecións.

  • Devecer

    Desexar con ansiedade.

  • Singradura

    Distancia que percorre un barco en 24 horas.

  • Brincadeira

    Diversión, broma, pasatempo, leria.

  • Foxo

    Cavidade relativamente pequena e de forma arredondada que se fai no terreo.

  • Feble

    Falta de vigor, forza ou resistencia, tanto no sentido físico como no moral.

  • Terapeuta

    Persoa que se dedica á parte da medicina que se ocupa do pertencente ou relativo á terapia.

  • Escintilar

    Brillar de maneira intermitente.

Entradas relacionadas: