Voces Patrimoniais e Literatura Popular Galega
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,44 KB
Voces Patrimoniais, Cultismos e Semicultismos
Voces patrimoniais: As palabras patrimoniais son voces que se incorporaron xa na época da colonización romana e sufriron todas as evolucións que caracterizan o paso do latín ao galego.
Cultismos: Son palabras que proceden do latín e o grego e que penetraron tardiamente no galego, de xeito que apenas sufriron modificacións, polo que manteñen a mesma forma grega ou latina ou modificárona levemente para adaptarse á fonética galega.
Semicultismos: Son as palabras que, aínda que se incorporaron tardiamente, sufriron algunha modificación.
Literatura Popular Galega
A LITERATURA POPULAR é un conxunto de textos, formas e xéneros que se foron transmitindo oralmente de xeración en xeración. As principais características son que é de transmisión oral, de carácter anónimo, con variabilidade, expresión sinxela e ten unha función de entreter, divertir e ensinar.
Literatura popular galega: A sociedade galega participou de forma oral na transmisión desta literatura. A fins do século XVIII e no XIX os ilustrados manifestan o seu interese pola cultura do pobo, que pasa a ser considerada como unha actividade artística digna de ser valorada e conservada. Así, estes textos comezan a ser estudados e recuperados e fixados por escrito.
Xéneros da Literatura Popular
A literatura popular galega é moi rica, xa que existe unha gran variedade de textos de diversas temáticas e xéneros. O amplo repertorio da literatura popular galega está formado por textos en prosa, en verso e, en menor medida, por textos teatrais ou parateatrais.
Literatura Popular en Prosa
LITERATURA POPULAR EN PROSA:
Conto
Historia inventada que non se localiza nun tempo determinado, nin nun lugar determinado, con personaxes que poden ser humanos normais e correntes, animais ou personaxes fantásticos, coa finalidade de divertir, entreter e transmitir valores. Segundo o seu contido, poden ser contos marabillosos, de animais ou de costumes.
Lenda
Historia que se presenta como un feito real, cun lugar e un tempo determinado, coa finalidade de tentar explicar feitos naturais e históricos. Os personaxes son seres con poderes sobrenaturais e poden clasificarse polo seu tema en lendas etiolóxicas, haxiográficas e históricas.