Xeración do 36: Pimentel e Celso Emilio Ferreiro

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,38 KB

Luis Pimentel

Luis Pimentel é un poeta da Xeración do 25 que publicou dúas obras, Triscos e Sombra do aire na herba (de publicación póstuma). Recibiu influencias das vangardas, coma o surrealismo, matizadas por un lirismo intimista de raíces simbolistas. A poesía de Pimentel, chea de sentimentos e sensacións, é inseparable de Lugo.

Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio Ferreiro tivo especial transcendencia na poesía do século XX, aínda que tamén cultivou a prosa en A fronteira infinda, de ambientación latinoamericana, e en A taberna do Galo, sobre anécdotas e personaxes de Celanova.

Na súa poesía hai tres liñas temáticas:

  • Unha liña social, solidaria cos oprimidos e denunciadora dos males sociais.
  • Unha liña intimista, onde fala da fugacidade da vida, do amor...
  • Unha liña irónica, corrosiva e crítica.

Publicou O soño sulagado, caracterizado polo intimismo, onde reflexiona sobre a propia existencia e sobre o sentido da vida. Tamén contén poemas de problemática social. A partir desa obra a súa poesía vólvese máis comprometida. Escribiu Longa noite de pedra, cuxo título funciona como metáfora da ditadura franquista.

Celso Emilio influíu en autores da poesía dos anos 60 e 70 coas súas liñas mestras:

  • Sinxeleza expresiva.
  • Importancia da mensaxe: importa máis o contido que a forma.
  • Renovación da linguaxe: uso de rexistros da fala cotiá.
  • Emprego do humor, a ironía e o sarcasmo.
  • Procura do ritmo e da musicalidade, baseada nas cantigas e na música popular moderna.

O poeta emigrou a Caracas, onde coordinou actividades culturais. Alí escribiu Viaxe ao país dos ananos, onde desmitifica o mundo da emigración. Tamén publicou Terra de ningures, que reflicte a nostalxia do desterrado. Máis tarde editou as obras Paco Pixiñas, Cantigas de escarnio e maldecir e Cemiterio privado, unha obra humorística que é unha colección de epitafios.

Escribiu o volume Antipoemas, no que escribe contra o imperialismo norteamericano e contra o poder deshumanizador dos cartos. Publicou, por último, Onde o mundo chámase Celanova, no que volve ao intimismo e onde sente nostalxia pola terra natal.

Entradas relacionadas: