Xeracións e Teatro Actual en Galicia
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,32 KB
XERACIÓNS:
- 1976: marcou o inicio do cambio de rumbo da poesía. Publícanse 'Con pólvora e magnolias' de Méndez Ferrín e 'Mesteres' de Arcadio López.
- 1980: a partir desta data xorden diversos grupos poéticos: cravo fondo, rompente, de amor e desamor. A esto súmase a edición de revistas poéticas e convocatoria de premios. Publícanse tamén antoloxías da nova poesía e douse a coñecer unha xeración de poetas que revitalizou a poesía: Pilar Pallares, Manuel Forcadela, Miguel Anxo Fernán, Ana Romaní e Antón Reixa.
Coinciden nos seguintes trazos:
- Intimismo: céntranse nunha temática intimista de carácter introspectivo.
- Culturalismo e interculturalismo: numerosas referencias a outras artes.
- Esteticismo formal: conceden grande importancia á elaboración do poema.
- 1990: nova promoción de autores: Batallón literario da costa da morte, ronseltz. Entre os novos poetas destacan: Miro Villar, Olga Novo, Yolanda Castaño, Marta da Costa, Lupe Gómez e María do Cebreiro.
- Caracteristicas comuns dos poetas dos 90: -Linguaxe directa e coloquial, anida que elaborada.
- Poesía próxima á vida cotiá frente ao culturalismo da década anterior.
- Preferencia polo verso libre
- Variedades de temáticas (amor, desamor, feminismo, erotismo, sociedade, etc)
TEATRO ACTUAL
- Recuperouse o teatro nos 60 grazas a: O Fachi, Teatro Circo, Teatro Popular Gallego e Mostra de Teatro de Ribadavia.
- En 1984 a creación do Centro Dramático Gallego foi o fruto decisivo na profesionalidade e do teatro.
- Autores: -Roberto Vidal -Manuel Lourenzo -Euloxio Ruibal 80 Roberto Salgueiro 90 Cándido Pazó
- A partir dos oitenta nacen novas compañías: Sarabela teatro, Ollomoltranvía.
- Asemade, convocanse premios teatrais que estimulan a creación de textos dramáticos: Premio de Teatro Breve da Escola Dramática Galega. Deste modo, a actividade teatral experimenta un gran desenvolvemento e o sector vaise profesionalizando cada vez mais. O número de representacións e de espectadores aumenta tamén progresivamente. Por outra parte, hai que salientar, asemade, a importancia que ten hoxe en Galicia a modalidade de teatro de monicreques