Xestión Integral de Residuos: Vertedoiros, Tipos e Tratamentos
Clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,82 KB
Clasificación dos Vertedoiros
Segundo o tratamento que se aplique aos residuos no vertedoiro, existen os seguintes tipos:
- Baixa densidade con cobertura.
- Media densidade con cobertura.
- Alta densidade con trituración previa á vertedura.
- Alta densidade con trituración in situ.
- Alta densidade en balas.
A) Vertedoiro de Baixa Densidade con Cobertura
Vantaxes
- De todos os tipos, son os que menores custos de maquinaria e persoal implican.
- Axeitado para vertedoiros pequenos.
- A fermentación anaerobia implántase rapidamente, se existe humidade suficiente, adiantando así a estabilización do vertedoiro.
Desvantaxes
- Son os que maiores requirimentos de terreo presentan.
- O baixo grao de compactación favorece a infiltración de augas de choiva, podendo incrementar a produción de lixiviados.
- Os camións recolectores non poden chegar ata o fronte de vertedura, polo que as operacións de colocación de residuos requiren máis tempo.
- Importantes asentamentos da masa de residuos.
C) Vertedoiro de Alta Densidade con Trituración Previa
Vantaxes
- Apróveitase mellor o espazo dispoñible.
- Menor necesidade de material de cobertura.
Desvantaxes
- Dispoñibilidade dunha planta de trituración.
- Necesidade dunha área de vertedura convencional para residuos difícilmente triturables.
Sistemas de Tratamento de Lixiviados
Os principais sistemas de tratamento aplicados aos lixiviados procedentes dos vertedoiros de residuos urbanos son os seguintes:
- Canalización do lixiviado: Consiste basicamente en transportar o lixiviado mediante canalizacións á zona na que se vai realizar o tratamento (tratamento conxunto coas augas residuais urbanas, lagunaxe).
- Procesos biolóxicos: Os procesos de depuración biolóxica poden clasificarse en dous grandes grupos: aerobio e anaerobio.
- Tratamentos físico-químicos:
- Precipitación química.
- Oxidación química.
- Absorción en carbón activo.
- Osmose inversa.
- Stripping de amonio.
Orixe e Produción dos Residuos Urbanos
- Residuos domiciliarios: Proceden das distintas actividades da vida na comunidade e son os que máis se asocian á idea xeneralizada de residuo urbano.
- Residuos comerciais: Están constituídos polos residuos xerados nas actividades dos establecementos comerciais.
- Residuos de limpeza viaria e mantemento de zonas verdes: (Orixe vexetal e animal).
- Residuos en vía pública: Destacan os vehículos que se atopan abandonados, así como todos os compoñentes derivados destes, algúns dos cales son produtos ou residuos perigosos.
- Residuos sanitarios: Son os derivados das actividades sanitarias realizadas en hospitais, clínicas, laboratorios de análise, laboratorios de investigación biolóxica e establecementos similares.
- Residuos da construción e demolición.
- Residuos industriais.
Propiedades Biolóxicas dos Residuos Urbanos
Os compoñentes biolóxicos dos residuos urbanos clasifícanse en:
- Constituíntes solubles en auga: Azucres, féculas, aminoácidos e diversos ácidos orgánicos.
- Outros compoñentes: Hemicelulosas, celulosa, graxas, lignina, lignocelulosa, proteínas, etc.
Outras propiedades biolóxicas importantes son:
- A biodegradabilidade.
- A posibilidade de que se produza descomposición anaerobia.
Propiedades e Clasificación dos Residuos Perigosos
Propiedades relacionadas coa seguridade
- Corrosividade
- Explosividade
- Inflamabilidade
- Reactividade
Propiedades relacionadas coa saúde
- Cancerixenicidade
- Capacidade infecciosa
- Irritante
- Mutaxenicidade
- Toxicidade
- Radiactividade
- Teratoxenicidade
A Recollida Neumática de Residuos
É o sistema de recollida e transporte que se realiza mediante un sistema de condutos que levan, mediante correntes de aire, os residuos desde o lugar de orixe ata un centro de recollida onde son compactados e levados á planta de tratamento.
Vantaxes da Recollida Neumática
- Ausencia de colectores na vía pública.
- O usuario pode desfacerse do seu lixo en calquera momento do día ou da noite.
- Seguridade do sistema.
- Servizo todos os días do ano.
- Diminución dos custos de explotación.
- Longa expectativa de vida.
Inconvenientes da Recollida Neumática
- Altos custos enerxéticos para o funcionamento do sistema.
- Necesidade de campañas de información e concienciación periódicas.
- Esixe un sistema de recollida de lixo alternativo ante avarías ou fallos do sistema.
- Elevado investimento inicial nas zonas residenciais consolidadas.
- Elevado risco ante accións vandálicas.
Funcións da Cobertura Diaria
As principais funcións que se deben cumprir coa cobertura diaria son:
- Control de humidade (infiltración).
- Redución de cheiros.
- Limitación do contacto de animais (roedores, paxaros) co residuo.
- Axuda a previr incendios.
- Evita o impacto visual.
- Controla a dispersión de residuos ao contorno.
- Evita o encharcamento e a erosión.
Funcións da Cobertura Final
As súas funcións son:
- Dar unha capa de baixa permeabilidade que sirva para controlar a infiltración da auga superficial no residuo e limite a xeración de lixiviados, ademais de facer fronte á erosión que pode causar a choiva.
- Reter a humidade para o crecemento vexetal.
- Integrar o vertedoiro no medio natural, de acordo co uso final.
- Reducir ou incrementar a emisión de gas segundo os obxectivos do deseño.
Fases de Descomposición e Xeración de Gas
No proceso de descomposición dos residuos prodúcense dúas fases principais:
- Fase ácida: Nela, os compostos hidrolizados se transforman pola acción bacteriana en ácidos graxos.
- Fase metanoxénica: Durante esta fase, os ácidos graxos transfórmanse en gas metano e dióxido de carbono.