Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín e Carlos Casares — autores da literatura galega

Clasificado en Diseño e Ingeniería

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,81 KB

Xosé Neira Vilas (Gres, 1929)

Xosé Neira Vilas: É autor dunha extensa obra literaria na que se inclúen a narrativa, a poesía e o ensaio.

A súa obra narrativa pódese clasificar desde dous puntos de vista: segundo o espazo (Galicia–América) ou segundo o protagonista (infantil–adulto).

Temas principais:

  • Galicia rural — protagonismo infantil e adulto; fai un retrato da Galicia campesiña de posguerra.
  • Galicia emigrante — presenta a vida dos emigrantes galegos en América.

Narrativa:

  • Memorias dun neno labrego
  • Cartas a Lelo
  • Aqueles anos do Moncho
  • Camiño bretemoso
  • Historias de emigrantes
  • Remuiño de sombras
  • Xente no rodicio
  • A muller de ferro
  • Querido Tomás
  • Tempo novo

Literatura infantil:

  • Espantallo amigo
  • O cabaliño de buxo
  • A marela Taravela
  • Contos vellos pra rapaces novos
  • Cantarolas

Na súa obra destacan as variedades técnicas narrativas empregadas e a riqueza do seu léxico.

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)

É un dos escritores fundamentais da literatura galega actual, tanto na poesía como na narrativa.

Obra narrativa: escribe contos e novelas; as primeiras son consideradas da Nova Narrativa Galega e están protagonizadas por antiheróis. A súa narrativa ten tres eixes temáticos:

  • Temática fantástica (lendas artúricas).
  • Exploración do absurdo da existencia.
  • Mundo mítico creado polo escritor.

Nova Narrativa Galega: Percival e as súas historias, O crepúsculo e as formigas e Arravaldo do norte.

Obras posteriores: Retorno a Tagen Ata, Elipsis e outras formas, Antón e os inocentes, Crónica de nós, Amor de Artur, Arnoia, Arnoia, Bretaña esmeraldina, Arraianos e No ventre do silencio.

Tamén escribiu unha peza teatral (Celtas sen filtro) e un ensaio.

Carlos Casares (Ourense, 1941 — Vigo, 2002)

A súa actividade literaria desenvolveuse principalmente na narrativa. Escribiu obras de ensaio e colaborou na prensa e en moitos actos culturais.

Obra narrativa: é autor de contos e novelas. As primeiras pertencen á Nova Narrativa Galega; as seguintes son de carácter autobiográfico e sitúanse nas etapas da súa vida; as restantes están ambientadas nun pasado histórico.

Nova Narrativa: Vento ferido e Cambio en tres.

Obras posteriores: Xoguetes pra un tempo prohibido, Os escuros soños de Clío, Ilustrísima, Os mortos daquel verán, Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán.

Teatro: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas.

Entradas relacionadas: