Acoso escolar en literatura galega: Reseña e impacto do bullying xuvenil
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,57 KB
Introdución á obra e orixe do relato
Este libro foi inicialmente un blog no que se nos conta a historia dunha moza que sufre acoso no seu instituto. Está contado desde a perspectiva doutra moza, unha das participantes do acoso, a cal relata tal como foron os feitos e como viviu ela ser partícipe desta acción.
Delia é unha nena reservada e pouco sociable, que sempre adoitaba ir á biblioteca nos recreos ou ao club de lectura, onde alí por fin se relacionaba con xente. Con isto non quero dicir que estivese sempre soa; antes tiña as súas amigas, pero elas, co paso do tempo, deixaron soa a Delia. Ela afíxose á soidade, xa disfrutaba dela e da súa propia compañía, ademais de que tamén tiña o seu irmán maior, Iago.
A trampa da popularidade e a dependencia emocional
O instituto seguía tendo as mesmas escalas sociais a pesar de pasar de curso. Lara, Daniela e Xulia eran as máis populares, listas e fermosas, e nunca amosaron interese por Delia, nin Delia polas outras. Pola contra, pouco despois de comezar o curso, achegáronse máis a Delia, ata estaban xuntas ás veces no recreo, momento no que Delia adoitaba ir á biblioteca a ler.
Todo parecía moi estraño, aínda que ela comezou a sentir ledicia por esa compañía. Aquilo foise intensificando ata que tivo dependencia delas, e tiña medo de quedar soa outra vez, de forma que facía todo o posible para que non a deixasen tirada, aínda que iso implicase facer bullying a outra nena.
O xerme do conflito e a chegada de Silke
O motivo apareceu pouco despois: a Xulia gustáballe Iago e fixouse amiga de Delia para estar máis preto del. Ela percatouse, pero xa estaba tan feliz por ter "amigas" que non lle importou. Despois dun tempo, eles dous comezaron a saír xuntos.
Uns meses despois chegou unha alumna nova, Silke. Facía pouco que chegara alí, polo que non coñecía a ninguén. As tres rapazas, xunto con Delia, non tardaron en achegarse a ela, amosando moito interese en coñecela e ser amigas. Silke era máis desconfiada, xa estivera en moitos lugares antes dese, polo que non tiña problema en afacerse á nova xente. Accedeu a ir algún fin de semana ao centro comercial con elas, e ao principio todo estaba ben.
Escalada da violencia e o papel dos testemuños pasivos
Silke era moi boa nos deportes e comezou a xogar cos rapaces ao fútbol no recreo, o que a deixaba máis preto de Iago, cousa que poñía dos nervios a Xulia, quen comezóu a estar máis molesta con ela. Os días pasaban e Silke seguía pasando o recreo cos rapaces, facendo novos amigos como Iago e Marcos.
Había rumores de que Silke se vira con Iago, e iso fixo que Xulia comezase o pesadelo de Silke durante o resto do curso. Silke comezou a recibir críticas, insultos, foi empuxada varias veces e humillada, e incluso viviu ciberacoso por parte delas.
Delia non fixo xamáis nada diso, pero si calou todo e miraba mentres a outra sufría, de modo que tamén era partícipe de forma pasiva, e así foi toda a clase e o instituto.
Desenlace, consecuencias xudiciais e reflexión
Todo isto chegou demasiado lonxe, e as diferentes formas de acoso ían en aumento, cada vez peores. Na última acción, antes de confesar e falar coa directora, case perdemos a Silke: sufriu acoso sexual por parte dun dos rapaces do curso e, por querer escapar, case non o conta.
Despois diso tomáronse medidas xudiciais e contáronlle todo á directora. Tamén se adoptaron medidas no centro e os participantes do acoso foron expulsados durante un tempo.