Alienación Religiosa y Conciencia de Clase en Marx

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,11 KB

Alienación Relixiosa

Aceptando a tese básica de Feuerbach de que o ser humano crea a Deus e a relixión, vai máis aló del. Afirma que a alienación relixiosa, máis alá dunha simple proxección espiritual é só un fenómeno derivado da miseria económica e social. A relixión é a expresión mitificada da esencia humana. O home nega as súas excelencias (amor, sabedoría, bondade) e atribúellas a un ser superior pero ilusorio, Deus. Este fenómeno consiste no desdobramento da esencia humana e na proxección da mesma, nese ser estraño, chamado Deus, ante o que o home se somete a pesares de ser a súa creación.

Marx y la Religión

Pero Marx discrepa con Feuerbach, el non ve unha simple tendencia humana cara a o espiritual nesta proxección, senón un consolo imaxinario ás miserias e opresións económicas do máis acá. Cree que as relixións supoñen un medio para manter oprimida á clase máis desfavorecida, prometendo unha felicidade ilusoria no ceo e xustificando ao mesmo tempo a explotación no mundo real. De aí a famosa frase “A relixión é o opio do pobo”.

Conciencia de Clase

Desta característica deriva unha segunda, a CONCIENCIA DE CLASE que ten cada clase en canto organización política. A institución máis importante da superestrutura (aparatos, institucións...que regulan o funcionamento dunha sociedade) é o ESTADO. Para Marx, o ESTADO tamén ten natureza clasista: é un instrumento de coerción e dominio ao servizo das clases dominantes. En contraposición con Hegel, que pensaba que este estaba para mediar nos conflitos entre intereses particulares e o interese xeral.

Ideoloxía en Marx

En canto ao termo de ideoloxía en Marx, ten dous sentidos:
• Significado POSITIVO E AMPLO: que se refire ás diversas formas de conciencia da superestrutura. Ideas morais, estéticas, relixiosas ou filosóficas dunha época.
• Significado NEGATIVO E PEXORATIVO: É a acepción técnica máis importante dentro da teoría marxista. IDEOLOXÍA= representación deformada ou falseada dunha determinada realidade ante a conciencia, por responder a intereses de clase, equivale a falsa conciencia.

Crítica Ideolóxica

Deste xeito, as ideas da clase dominante son as ideas dominantes en cada época. É propio da ideoloxía presentar como valores universais os que só corresponden a intereses de clase. A ideoloxía é unha forma de alienación que se manifesta na conciencia. (ALIENACIÓN IDEOLÓXICA) pero ten a súa orixe na capacidade da realidade social e económica. Esta alienación afecta tanto á clase dominante como á dominada. As ideoloxías poden organizarse como sistemas doutrinais. Así, a economía política clásica é ideolóxica segundo Marx para xustificar o capitalismo, afirmando que é o sistema máis acorde coa natureza humana. Marx presenta a súa teoría como CRÍTICA IDEOLÓXICA, que intenta desenmascarar o que a ideoloxía oculta como:
• Falsa liberdade/igualdade do contrato de traballo
• Enigma da plusvalía. Por iso Marx é denominado xunto con Nietzsche e Freud un dos mestres da FILOSOFÍA DA SOSPEITA.

Entradas relacionadas: