Atmosfera, deriva continental y tectónica de placas: componentes, pruebas y efectos ambientales

Geología5,01 KB

Compoñentes da atmosfera

A atmosfera está formada por nitróxeno, osíxeno, argon, auga e dióxido de carbono.

Gases invernadoiro

Os principais gases invernadoiro son o vapor de auga, o dióxido de carbono e o metano.

Atmosfera dinámica

O aire absorbe calor da superficie terrestre e expándese. Ao facelo perde densidade e elévase, e entón o seu lugar é ocupado por aire que está a menor temperatura. Así xérase o vento.

Na Terra a auga é líquida

Isto débese a varios factores:

  • A Terra está máis cerca do Sol que outros planetas do seu entorno.
  • Ten a maior masa do sistema interior, e por tanto maior gravidade, o que permite retelo a atmosfera.
  • A presión atmosférica limita a evaporación da auga.
  • A presenza de gases invernadoiro impide a conxelación da hidrosfera.

Núcleo terrestre

Está composto principalmente de ferro e níquel.

Alfred Wegener

Teoría da deriva continental: afirmaba que os continentes se desprazaran lentamente ata alcanzar a súa posición actual. A maioría dos xeólogos da súa época rexeitaron esta teoría, ata ridiculizala. Pasados 50 anos, esta teoría foi recoñecida como a base para as teorías modernas.

Aportou moitas probas a favor da súa teoría, pero non deu explicado o mecanismo que daba lugar ao movemento dos continentes. Propuxo que a forza gravitatoria que exerce a Lúa sobre a Terra, que orixina as mareas, era a mesma que causaba a deriva continental. Ademais, tampouco acertou ao dicir que os continentes sucaban a codia. Aparte destes argumentos erróneos, sentou as bases para a actual teoría da tectónica de placas.

Probas

  • Xeográficas: gran coincidencia entre as formas da costa dos continentes (aínda maior tendo en conta os límites das plataformas continentais).
  • Paleontolóxicas: fósiles de organismos idénticos a miles de quilómetros, con probas de que estes organismos eran incapaces de cruzar os océanos que os separan.
  • Xeolóxicas e tectónicas: se se unen os continentes, obsérvase que as cadeas montañosas terían continuidade.
  • Paleoclimáticas: zonas da Terra onde os climas actuais non coinciden cos que tiveron no pasado; zonas hoxe cálidas que estiveron cubertas de xeo.

Dorsal oceánica

Son grandes elevacións submarinas que posúen un surco central por onde sae o magma e forma codia oceánica. Isto fai que o océano se expanda e os continentes se separen, como actualmente no Atlántico.

Relevo

É unha consecuencia da dinámica litosférica: subdución ou colisión de placas. (Os cratóns conteñen as rochas máis antigas.)

A destrución do relevo prodúcese pola erosión progresiva.

Impactos no medio ambiente

Inclúen a obtención de materias primas e alimentos, o uso da enerxía; a superpoboación e o consumo causan desequilibrios.

  • Aumento de CO2: débese á queima de combustibles fósiles e á produción de cemento.
  • Choiva ácida: producida pola queima de combustibles fósiles e biomasa, e composta de ácido carbónico, ácido nítrico e ácido sulfúrico.
  • Biocontaminación: estamos expostos a miles de substancias químicas, moitas das cales non sabemos que son nocivas; disólvense en auga, evaporanse á atmosfera e pasan ao noso sangue.

Descargar

PDF Word HTML