A atmosfera, o tempo e o clima: capas, factores e elementos climáticos en Francés e Galego

Clasificado en Francés

Escrito el en español con un tamaño de 18,75 KB

L’Atmosphère

- A atmosfera (atmosphère) é a capa gaseosa que envolve a Terra (couche gazeuse qui recouvre la Terre): contén os gases necesarios para a nosa existencia (nitróxeno: 78,1% e osíxeno: 20,9%), regula a temperatura terrestre, protexe da radiación solar e nela prodúcense os fenómenos meteorolóxicos. Polo tanto, ten unha importancia decisiva sobre a vida e o clima do planeta.

- Subdivídese en varias capas (plusieurs couches):

  • Exosfera (exosphère).
  • Termosfera ou ionosfera (thermosphère).
  • Mesosfera (mesosphère).
  • Estratosfera (stratosphère): onde se atopa a capa de ozono (couche d’ozone), que nos protexe dos raios ultravioletas.
  • Troposfera (troposphère): é a que está en contacto coa superficie terrestre e onde se producen os fenómenos meteorolóxicos.

4.1. L’Atmosphère - A atmosfera (atmosphère) é a capa gaseosa que envolve a Terra (couche gazeuse qui recouvre la Terre): contén os gases necesarios para a nosa existencia (nitróxeno: 78,1% e osíxeno: 20,9%), regula a temperatura terrestre, protexe da radiación solar e nela prodúcense os fenómenos meteorolóxicos. Polo tanto, ten unha importancia decisiva sobre a vida e o clima do planeta. - Subdivídese en varias capas (plusieurs couches): · Exosfera (exosphère). · Termosfera ou ionosfera (thermosphère). · Mesosfera (mesosphère). · Estratosfera (stratosphère): onde se atopa a capa de ozono (couche d’ozone), que nos protexe dos raios ultravioletas. · Troposfera (troposphère): é a que está en contacto coa superficie terrestre e onde se producen os fenómenos meteorolóxicos (Padlet: Déssins des couches de l’atmosphère; vidéo sur les 5 choses surprenantes à savoir sur les couches de l’atmosphère).

Le temps et le climat

- Tempo e clima son dous conceptos que adoitan confundirse pero que son claramente diferentes:

  • O tempo (temps ou météo): conxunto de fenómenos atmosféricos que se dan nun momento e nun lugar determinado. A ciencia que o estuda é a Meteoroloxía (Météorologie).
  • O clima (climat): condicións atmosféricas (sucesión de tempos) que se dan nunha rexión concreta ao longo de varias décadas (mínimo trinta anos). A ciencia que o estuda é a Climatoloxía (Climatologie) (Padlet: Différence entre météo et climat).

- Os diferentes tempos e climas teñen unha enorme influencia nas nosas vidas: nas paisaxes que nos rodean, nos recursos que posuímos, nas formas de vida, costumes, tradicións, etc... mesmo no noso estado de ánimo! (Padlet: Vidéo « Parler du temps en français »).

Le lexique français pour parler de la météo

  • Le soleil – O sol
  • Les nuages – As nubes
  • La pluie – A chuvia
  • L’arc-en-ciel – O arco da vella
  • La tempête – A tempestade
  • Le vent – O vento
  • La foudre – O raio
  • La neige – A neve
  • Le tonnerre – O trono
  • La grêle – A saraiba
  • L’éclair – O lóstrego
  • La glace – O xeo

HISTOIRE-GÉOGRAPHIE 1ºESO IESP Xosé Neira Vilas. NOTES DE L’UNITÉ 4. Profª. Mercedes López-Mayán

2 - O clima de cada rexión está condicionado por unha serie de factores climáticos (facteurs du climat), qui sont les variables qui exercent une influence continuelle sur le climat et qui modifient ses éléments:

  • a) A altitude (altitude): c’est la hauteur d’un point donné par rapport à la mer. Cada 100 metros, a temperatura descende 0,6 graos.
  • b) A latitude (latitude): c’est la distance entre l’Équateur et un point donné de la surface de la Terre.
  • c) A situación xeográfica (localisation géographique): indiquée par les coordonnées géographiques. Na situación xeográfica é determinante a distancia con respecto ao mar.
  • d) O relevo (relief) (Padlet: Schéma des facteurs et éléments du climat).

- O clima está composto por varios elementos do clima (éléments du climat), qui sont les composants mesurables de l’atmosphère et les variables utilisées pour décrire les caractéristiques principales de chaque climat: TEMPERATURA + PRECIPITACIÓNS + PRESIÓN ATMOSFÉRICA + VENTO. O seu estudo e observación durante varios días permite facer os pronósticos do tempo (Padlet: Carte avec la prévision de la météo en Espagne pour la première semaine de janvier 2020; web de « La Chaîne Météo » pour la France et le monde et de MeteoGalicia; vidéo sur les instruments de mesure de la météo).

I) TEMPERATURA (température)

É a cantidade de calor que ten o aire da atmosfera dependendo do nivel de intensidade da radiación solar. Esta magnitude mídese en unidades denominadas graos centígrados (ºC) (degrés centigrades) e para facelo emprégase o termómetro (thermomètre). Para representar a temperatura nun mapa úsanse liñas imaxinarias chamadas isotermas (isothermes), que unen puntos co mesmo grao de calor (Padlet: Cartes d’isothermes de la France en janvier et juillet; et carte de températures en Espagne).

Os factores que modifican a temperatura (facteurs qui modifient la température) son:

  • A latitude. As temperaturas cambian coa latitude porque os raios solares non inciden do mesmo xeito en todas as partes do planeta. No Équateur os raios caen perpendicularmente e por iso a Terra quece máis; en cambio, canto máis nos distanciamos deste punto, máis descende.
  • A altitude. As temperaturas adoitan ser máis baixas nas zonas elevadas e van aumentando segundo descendemos. Isto sucede porque coa altitude as capas de aire son menos densas e non son capaces de gardar a calor.
  • A distancia respecto do mar. O mar suaviza as temperaturas: no inverno son menos frías e no verán menos quentes.

Estes factores explican que a distribución de temperaturas na Terra (zones thermiques de la Terre) sexa a seguinte:

  • Zona cálida (zone chaude ou intertropicale): está situada entre o Tropique du Cancer e o Tropique du Capricorne. As temperaturas son elevadas ao longo de todo o ano.
  • Dúas zonas temperadas (deux zones tempérées): están situadas entre o Tropique du Cancer e o Cercle polaire Arctique (ao norte) e entre o Tropique du Capricorne e o Cercle polaire Antarctique (ao sur). As temperaturas son moderadas e están distribuídas en catro estacións: le printemps, l’été, l’automne et l’hiver.
  • Dúas zonas frías (deux zones froides ou polaires): están situadas no Cercle polaire Arctique (ao norte) e no Cercle polaire Antarctique (ao sur). As temperaturas son baixas ao longo de todo o ano (Padlet: Carte des zones thermiques de la Terre).

Para estudar as temperaturas dun clima, calculamos os seguintes datos:

  • Temperatura máxima (température maximale).
  • Temperatura mínima (température minimale).
  • Temperatura media (température moyenne): suma das temperaturas de todos os meses dividida entre 12.
  • Oscilación ou amplitude térmica (amplitude thermique): diferenza entre o mes máis cálido e o máis frío. Pódese calcular tamén con referencia a unha semana, un día... (Padlet: Diagrammes ombrothermiques de Sibérie et d’Australie).

II) PRECIPITACIÓNS E HUMIDADE (précipitations et humidité)

A humidade é a cantidade de vapor de auga que contén o aire e podemos medila cun higrómetro (hygromètre). O vapor de auga ao elevarse arrefría; isto provoca que se condense en diminutas pingas que se unen entre si, agrandándose e formando as nubes (nuages). Estas pingas seguen a aumentar segundo van ascendendo en altura e, como pesan moito, chega un punto en que caen e forman as precipitacións, tanto en forma líquida (choiva) (pluie) coma sólida (neve ou saraiba) (neige ou grêle). Todo isto forma parte do ciclo da auga (cycle de l’eau) (Padlet: Vidéo sur les types de précipitations).

A cantidade de choiva caída mídese cun pluviómetro (pluviomètre) e exprésase en milímetros (mm) ou litros por metro cadrado (l/m²) (Padlet: Vidéo sur le pluviomètre).

Os factores que modifican as precipitacións son:

  • A latitude. As áreas próximas ao Ecuador rexistran máis choiva porque son áreas máis cálidas e, daquela, prodúcese unha maior evaporación de auga. Por outra banda, nos polos apenas chove porque o frío impide a evaporación de auga.
  • A altitude. As zonas elevadas presentan un maior número de precipitacións que as zonas máis baixas.
  • A influencia do mar. As precipitacións son máis elevadas nas costas que no interior porque a cantidade de auga susceptible de evaporarse é maior.

III) PRESIÓN ATMOSFÉRICA (pression atmosphérique)

É o peso que exerce o aire sobre un lugar concreto da superficie da Terra. A presión mídese en milibares (mb) ou hectopascais (hPa) cun instrumento denominado barómetro (baromètre). No mapa represéntase mediante unhas liñas chamadas isóbaras (isobares).

A presión do aire descende coa altitude e oscila coa temperatura, porque o aire frío pesa máis que o cálido. O aire cálido, ao pesar pouco, sobe máis e crea unha área de baixas presións que se denomina borrasca (zone de basse pression ou dépression) (menos de 1013,5 mb). Polo seu lado, ao pesar máis, o aire frío forma áreas de altas presións ou anticiclóns (zone de haute pression ou anticyclone) (máis de 1013,5 mb). Cando chocan dúas masas de aire diferentes, créanse frontes (fronts) e provocan inestabilidade (Padlet: Carte d’isobares et photo satellite).

IV) VENTO (vent)

É aire en movemento que se orixina polo movemento de dúas masas de aire con presións atmosféricas diferentes, circulando sempre de zonas de anticiclóns a zonas de borrascas (Padlet: Carte d’isobares et du vent). A velocidade deste fenómeno atmosférico mídese en quilómetros por hora (km/h) cun anemómetro (anémomètre) e a súa dirección, é dicir, de onde procede, mídese coa cataventos (girouette) (Padlet: Photo d’un anémomètre avec girouette et déssin d’une manche à air).

Tipos de ventos:

  • Locais: Terral en Málaga, Levante en Andalucía.
  • Constantes: Alisios, desde os trópicos ao Ecuador (vents alizés).
  • Estacionais: os Monzóns (vents moussons).
  • Diarios: brisas (brises) (Padlet: Déssin du « terral », des vents alizés et des vents moussons).

La représentation du climat: le climogramme ou diagramme ombrothermique

- O climograma (climogramme ou diagramme ombrothermique) é un dobre gráfico (lineal e de barras) que representa a evolución das temperaturas medias mensuais e das precipitacións caídas nun lugar da Terra ao longo dun ano. O seu obxectivo é permitirnos saber como é o clima dun punto determinado do noso planeta (Padlet: Vidéo « Construire et lire un diagramme ombrothermique en Géographie »; et exemple de diagramme ombrothermique de Madrid).

Comment construire un diagramme ombrothermique ?

  1. Traza un eixe horizontal (axe horizontal), divídeo en 12 partes iguais e escribe a inicial dos meses do ano (mois de l’année).
  2. Á esquerda (à gauche), sitúa un eixe vertical (axe vertical) co nome “Temperaturas (ºC)” enriba. Divide o eixe en 8 partes iguais e indica nelas a escala das temperaturas, de 5 en 5 ou de 10 en 10, desde 0 ata 40. Se temos temperaturas negativas, hai que prolongar o eixe vertical por debaixo do eixe horizontal.
  3. Á dereita (à droite), sitúa un eixe vertical co nome “Precipitacións (mm)” enriba. Divide o eixe en 4 ou máis partes iguais e indica nelas a escala das precipitacións, de 10 en 10 ou de 20 en 20, desde 0 ata o valor que precises (normalmente, 160). Normalmente, a medida para as precipitacións é o dobre da empregada para as temperaturas: por exemplo, se para as temperaturas empregamos un intervalo de 5 en 5 ºC, para as precipitacións empregarémolo de 10 en 10 mm.
  4. Utilizando a escala esquerda, indica a temperatura media mensual (température moyenne mensuelle) de cada mes cun punto vermello. Logo une os puntos cunha liña vermella curva (ligne rouge curvée).
  5. Utilizando a escala dereita, representa, con barras verticais azuis (bâtonnets bleus), as precipitacións mensuais (précipitations mensuelles).
  6. Na cabeceira, escribe: o nome do lugar, a altitude, a temperatura media anual e as precipitacións totais anuais.

Comment interpréter un diagramme ombrothermique ?

Para analizar un climograma debemos responder ás cuestións seguintes:

  • a) Cal é a temperatura media anual (température moyenne annuelle)? Lembra que, para calculala, só tes que sumar a temperatura dos doce meses e dividila entre eses 12 meses. É alta, media ou baixa?
  • b) En que mes rexistra a temperatura máis baixa (température minimale)? E a máis alta (température maximale)? Cal é a amplitude térmica (amplitude thermique), é dicir, a diferenza entre eses dous valores (calcúlase restando a temperatura máis alta menos a temperatura máis baixa)? A amplitude térmica pode ser:
    • moi baixa se é menor de 8 ºC;
    • baixa se está comprendida entre 9 ºC e 12 ºC;
    • media se se atopa entre 12 ºC e 16 ºC;
    • alta, entre 16 ºC e 18 ºC;
    • moi alta se é superior a 18 ºC.
  • c) Como son as temperaturas no inverno (températures en hiver)? E no verán (températures dans l’été)?
    • Será un clima con verán caloroso se nalgún mes da estación a temperatura media é superior a 22 ºC. Se ningún mes alcanza ou supera os 22 ºC, será un clima de veráns frescos.
    • Será un clima con invernos suaves se a temperatura do mes máis frío non baixa de 10 ºC; moderados, entre 10 ºC e 6 ºC; e fríos entre 6 ºC e –3 ºC.
  • d) Cales son as precipitacións anuais (précipitations annuelles) (lembra que se calculan sumando as precipitacións dos 12 meses)? Son abondosas ou non? Serán precipitacións:
    • moi abondosas se superan os 1.000 mm;
    • abondosas, entre 800 e 1000 mm;
    • escasas, entre 300 e 800 mm;
    • moi escasas, entre 150 e 300 mm;
    • de seren inferiores a 150 mm, este dato indicaríanos que se trata dun clima desértico.
  • e) En que estación son máis abondosas as precipitacións? E máis reducidas? Hai algunha estación seca (saison sèche), é dicir, sen precipitacións ou con precipitacións mínimas? En que mes?
    • As precipitacións serán regulares se non hai meses secos.
    • Serán bastante regulares se hai un máximo de dous meses secos.
    • Serán irregulares se se dan máis de dous meses secos.
  • f) Como conclusión debemos:
    • determinar a que tipo de clima (type de climat) corresponde o climograma; e
    • explicar que factores inflúen sobre ese clima (facteurs qui conditionnent ce climat) e cal é a súa vexetación característica (végétation caractéristique).

Entradas relacionadas: