Autores do Rexurdimento Galego: Manuel Curros, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro — vida e obra

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,05 KB

Autores do Rexurdimento Galego: Manuel Curros, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro

Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851 — A Habana, 1908)

Con 15 anos trasládase a Madrid. Estuda bacharelato, comeza a carreira de Dereito e inicia a súa actividade como xornalista colaborando en diversos xornais. Escribe o seu primeiro poema en lingua galega: Cantiga.

En 1871 dáse a coñecer como poeta ao gañar en Ourense un premio literario. Regresa a Galicia como funcionario na Delegación de Facenda. É condenado a máis de 2 anos de cárcere e a pagar unha multa, pero recorre a sentenza ante a Audiencia da Coruña e sae absolto. En 1894 emigra a Cuba, e participa na creación da Real Academia Galega (RAG). Morre na Habana; os seus restos son trasladados e enterrados na Coruña.

Obra literaria

Aires da miña terra (1880). Nos 21 poemas deste poemario están presentes tres liñas temáticas fundamentais:

  • Poesía social ou cívica
  • Poesía costumista
  • Poesía lírica

Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 — A Coruña, 1917)

Estuda bacharelato en Santiago de Compostela e participa nas actividades do Liceo da Mocidade. En 1860 remata a carreira de Medicina e marcha a Ferrol para exercer a súa profesión, que abandona para retornar á casa natal e dedicarse por enteiro á literatura. Vive longas tempadas na Coruña e comparte amizade con galeguistas como Murguía e Curros.

Obra literaria

A primeira obra publicada é o poema A campana de Anllóns (1862).

En 1886 publica Queixumes dos pinos, a súa obra máis coñecida, que consta de 91 poemas.

Temas principais: poesía cívico‑patriota e poesía lírica.

A lingua de Pondal

Pondal pretendía, ademais, converter o galego nunha lingua literaria culta; seleccionaba coidada e conscientemente o seu léxico e incorporaba abondantes cultismos, fundamentalmente de orixe grego.

Rosalía de Castro (Santiago, 1837 — Padrón, 1885)

Con 15 anos trasladouse a Santiago coa súa nai e alí estuda. Con 19 anos marcha a Madrid, onde publica o seu primeiro libro de poemas, La flor. Coñece a Manuel Murguía e cáusan. Morre de cancro o 15 de xullo de 1885. Os seus restos descansan no Panteón de Galegos Ilustres. Con frecuencia Rosalía trata a problemática da muller escritora do seu tempo, revelándonos as dificultades, a rabia e a amargura que padecían.

Cantares Gallegos e o Rexurdimento

Cantares Gallegos, publicado o 17 de maio de 1863, marca o inicio do Rexurdimento pleno; por esa razón a Real Academia Galega (RAG) elixe esa data como o Día das Letras Galegas.

O libro conta con 36 poemas e ten unha estructura circular. Os poemas son glosas de cantares populares. Os obxectivos principais do libro inclúen:

  • Defensa do idioma galego
  • Exaltación de Galicia
  • Denuncia das inxustizas

Entradas relacionadas: