Los Cancioneiros, Autores y Cantigas de Amigo en la Lírica Gallegoportuguesa
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,23 KB
Os cancioneiros
Todos os textos chegaron a nosa través de cancioneiros, consérvanse tres:
- CANCIONEIRO DE AJUDA: Consérvase en Lisboa, conserva case 310 cantigas, case todas de amor.
- CANCIONEIRO DA BIBLIOTECA NACIONAL: En Lisboa tamén, foi copiado en Italia. É o máis completo, ten 1700 pezas de todos os xéneros.
- CANCIONEIRO DA VATICANA: Consérvase na Biblioteca do Vaticano, onde foi encontrado. Ten 1200 composicións de todos os xéneros.
Tamén temos outros pergamiños menores que recollen a lírica galego-portuguesa, como o PERGAMIÑO VINDEL, que conten as 7 cantigas de Martín Codax, e o PERGAMIÑO SHARRER, que conten a letra e a música das cantigas de D. Denís.
Autores e intérpretes
- TROBADOR: Membro da nobreza que no seu tempo de lecer compuña as cantigas, ás veces mesmo as interpretaba.
- SEGREL: Pertencia á pequena nobreza, á fidalguía, interpretaba as súas propias composicións.
- XOGRAR: Estaba na escala máis baixa dos tres, era o intérprete en prazas e castelos das cantigas que compuñiamos trobadores, moitas veces acompañado de instrumentos.
- MENESTREL: Encargábase da parte musical.
- SOLDADEIRA: Mulleres que participan no espectáculo acompañando aos xograres con cantos e bailes. A máis criticada foi María Balteira.
A cantiga de amigo
Son breves composicións en que unha voz feminina, moza solteira e namorada, se dirixe ao seu amado, normalmente ausente, aparece sempre citado como o seu amigo. É o xénero máis representativo da lírica galego-portuguesa.
Orixe
Son superviventes modernizadas da primitiva escola lírica galego-portuguesa, que tras seren estilizadas, refinadas e depuradas polos trobadores, se converteron nun produto artístico de primeira orde.
Tema
É o amor dunha muller polo seu amigo, normalmente ausente. O autor é sempre un trobador masculino que finxe voz feminina.
Recursos formais
Empregan técnicas repetitivas. Entre os recursos repetitivos máis habituais son:
- Paralelismo: Recurso expresivo baseado na repetición de versos, ideas ou construcións sintácticas con leves variacións.
- Leixaprén: Recurso propio das cantigas de amigo que relaciona cada parella de estrofas coa parella seguinte.
- Refrén: Verso que se repite ao final de cada unha das estrofas.
Tipos de cantigas de amigo
- Bailadas: Unha rapaza expresa a alegría que lle produce o namoramento e convida as compañeiras a bailar.
- Barcarolas ou mariñas: Presentan o mar como elemento común.
- Cantigas de romaría: Desenbérvense ao pé dunha ermida un día de romaría cando se produce ou se desexa o encontro entre a rapaza e o amigo.
- Albas ou alboradas: Están localizadas nesa hora do amencer cando os amantes deben interromper o encontro amoroso.