Cantigas Medievales Galegas: Trobadores, Xograres e Tradición Lírica

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,79 KB

Cantigas medievais

CANTIGA: foi concibida para o canto, individual ou coral, con acompañamento instrumental. A temática e os ritmos parecen suxerir que eran empregadas para o baile.

Figuras da lírica medieval

Trobador

TROBADOR: o termo xurde en Occitania a comezos do século XII. Era poeta e compositor ao mesmo tempo, o que implicaba uns coñecementos artísticos e literarios e unha mínima formación musical. O grao de trobador resérvase para aqueles compositores de orixe nobre que trobaban por pracer ou por refinamento cultural ante un público aristocrático e sen recompensa económica. Un exemplo: Alfonso X.

Xograr

XOGRAR: eran artistas ambulantes que viñan do mundo clásico greco-latino. Inicialmente eran os intérpretes das cantigas trobadorescas ou os que facían o acompañamento musical. En ocasións tamén foron compositores de canción trobadoresca, o que provocou burlas dos trobadores. En Galicia destacaron Mendinho e Bernal de Bonaval.

Segrel

SEGREL: era un artista itinerante que levaba o espectáculo de corte en corte cobrando pola súa interpretación. Eran da baixa nobreza.

Neotrobadorismo

Imitación dos xeitos de compoñer e dicir das cantigas medievais, utilizan refráns ou paralelismos. Un exemplo: Fermín Bouza, "Nao senlleira".

Tradición manuscrita

Manuscritos contemporáneos

Remóntanse a finais do século XIII ou comezos do XIV. Responden ao concepto da poesía como arte musical.

  • O Cancioneiro da Ajuda: consérvase en Lisboa.
  • O Pergamiño Vindel: recolle as 7 cantigas de amigo de Martín Códax.
  • O Pergamiño Sharrer: contén 7 cantigas de amor de Don Dinís.

Apógrafos renacentistas

Copiados nos séculos XVI e XVII a partir de códices medievais hoxe perdidos.

  • O Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, chamado tamén Colocci-Brancuti.
  • O Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, tamén ordenado por Colocci.

A lírica profana medieval

  • Cantigas de amigo: composición creada por un home que pon en boca dunha muller a expresión de alegría ou coita dirixidas ao ser amado. A palabra clave é amigo.
  • Cantigas de amor: o poeta dirixese á dama mediante a palabra senhor para requirirlle o seu amor ou a súa queixa pola indiferenza. A palabra clave é senhor.
  • Cantigas de escarnio e maldizer: os trobadores queren dicir mal de alguén.

Entradas relacionadas: