Características dos movementos sociais horizontais: democracia de base, mobilización e non violencia
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,92 KB
Características dos movementos sociais contemporáneos
Descrición das principais trazas e prácticas destes movementos:
Puntos clave
- 1. Non utilizar as canles habituais da democracia parlamentaria, consideradas infructuosas.
- 2. Configurarse como movementos interclasistas, cunha composición variada procedente dos distintos sectores sociais.
- 3. Plantexar esixencias de alcance global, a través de propostas concretas e específicas.
- 4. Valorar positivamente as diferenzas entre os membros e o debate, fomentando a participación aberta dos membros. Un trazo influenciado polo carácter interclasista do movemento, que favorece o diálogo. Completamente diferente do dogmatismo dos partidos políticos.
- 5. Ter unha gran flexibilidade organizativa, sen dirección marcada pola cúpula nin centralización das decisións, a diferenza do encorsetamento dos partidos. Caracterízanse por un carácter plural e aberto, completamente antiautoritario fronte ao modelo capitalista e socialista de imposición de mandatos. Básanse nunha democracia de base ou ultrademocracia articulada de xeito horizontal (asambleas), separándose da xerarquización dos partidos.
- 6. Situarse ao marxe dos partidos políticos e do sistema político parlamentario.
- 7. Ser críticos cos valores tradicionais ou establecidos, que pretenden superar coas súas propostas, que combinan utopía con pragmatismo. Apostar por unha ética de sensibilidade social que permita ás persoas decidir por si mesmas en vez de asumir os valores ou preferencias predominantes. Ex.: o sexo é unha opción, non un feito.
- 8. Criticar a deshumanización do consumismo feroz e a mercantilización de valores. Debido a estes trazos, estes novos movementos atraerán a unha xuventude contestataria e rebelde que os encabezará e protagonizará.
- 9. Presentan ciclos de mobilización e desmobilización, influenciados pola conxuntura e propiciados pola áxil estrutura dos movementos. Produto da inestabilidade dos grupos, que non teñen unha vida lonxeva como os partidos políticos; moitos desaparecen ou transfórmanse.
- 10. Optimizar os mecanismos das sociedades mediáticas para impactar e mobilizar. Buscan saír nos medios de comunicación mediante accións espectaculares e concretas que son máis visibles que as manifestacións tradicionais. Realizan campañas chamativas.
- 11. Todas as mobilizacións sustentanse na non violencia e na desobediencia civil.
Resumo
Estes puntos describen as características xerais de movementos sociais horizontais, interclasistas e orientados á acción directa e á mobilización mediática, con énfase na democracia de base, a participación aberta e a non violencia.