Carillas de Cerámica: Estética Dental e Técnicas de Restauración

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en con un tamaño de 2,77 KB

Carillas de cerámica: Estética e restauración dental mínima

As carillas de cerámica son unhas láminas moi finas que se pegan ao dente grazas a uns sistemas de adhesión que conseguen a unión esmalte-cerámica. Con elas conséguense restauracións estéticas con mínima destrución dentaria.

O clínico tallará aproximadamente entre 0,5-0,8 mm por vestibular e de 1-1,5 mm en incisal. O grosor da carilla será aproximadamente como mínimo de 0,8 mm e máximo de 2 mm. Algúns técnicos matizan que o grosor mínimo de cerámica será de 1 mm.

Indicacións das carillas de cerámica

Están indicadas para modificar a cor dos dentes debido a:

  • Tincións por endodontias.
  • Tincións por tetraciclinas.
  • Coloración debida a traumatismos.
  • Fluorose, etc.

Outras indicacións inclúen:

  • Malposicións moderadas.
  • Modificacións na forma das pezas dentarias.
  • Modificacións incisais, por desgaste ou fracturas coa conseguinte perda da guía anterior.
  • Envellecemento e desgaste fisiolóxico, por atrición e cepillados incorrectos.
  • Diastemas.
  • Bruxismo.
  • Maloclusións dentarias.

Contraindicacións

Pero tamén están contraindicadas para:

  • Alteracións do esmalte.
  • Falta de hixiene oral.
  • Alteracións oclusais:
    • Mordidas cruzadas.
    • Grandes diastemas no grupo anterior.

Clasificación das carillas

Segundo a composición do material

  • Resinas (composite).
  • Porcelanas.

Segundo o método

  • Resinas compostas: directas ou indirectas (sobre o modelo).
  • Porcelanas: indirectas no laboratorio (con espesores de 0,1 a 0,7 mm).

Técnica de lámina de platino

A técnica de lámina de platino presenta as seguintes vantaxes:

  • Uso de tocos desmontables de xeso estándar.
  • Rapidez en comezar a confección da carilla xa que a lámina de platino é adaptada moi facilmente.
  • Control do grosor da carilla durante a súa confección.
  • As carillas poden recortarse no dente preparado antes de proceder ao glaseado.

Técnica de toco refractario

Vantaxes

  • Mellor axuste.
  • Menor dificultade na súa confección por parte do técnico de laboratorio.
  • Máis fácil de conseguir a cor.

Inconvenientes

  • Débese de facer duplicado de tocos.
  • Débese de retirar o revestimento que queda adherido á carilla.
  • O axuste debe de realizarse sobre os tocos de xeso.
  • Difícil control do grosor da carilla.

Entradas relacionadas: