Castelao: Vida, Obra e Legado do Intelectual Galego

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,56 KB

Castelao: Vida e Obra

Biografía

Afonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo) é a figura máis destacada da cultura galega do século XX. Nel fúndense as facetas de pintor, debuxante, narrador, dramaturgo, ensaísta e político galeguista. Naceu en Rianxo nunha familia mariñeira. Entre os 10 e os 14 anos residiu na Pampa arxentina, onde emigrara o seu pai. De volta a Galicia, estuda o bacharelato e a carreira de Medicina en Santiago. Participa no sindicato Acción Gallega e ingresa no galeguismo ao entrar en contacto coas Irmandades da Fala. Comeza tamén a súa relación co grupo ourensán de Risco e, en 1920, faise cargo da dirección artística da revista Nós. En 1923 entra a formar parte do Seminario de Estudos Galegos. En 1926 é elixido membro da Real Academia Galega. Participa na creación do Partido Galeguista, polo que foi elixido deputado en 1931 e 1936. Crea o Consello de Galiza en Bos Aires, unha especie de goberno galego no exilio. Morre en 1950.

Obra Literaria

Comeza cultivando a narrativa, máis tarde inicia o seu labor como ensaísta e como dramaturgo.

Características

  • Crítica social: denuncia das inxustizas, defensa das clases populares, reivindicación da lingua galega e defensa da democracia.
  • Humor ácido: a través da ironía e a retranca.
  • Lirismo: con abundantes recursos expresivos.
  • Concisión e brevidade.

Narrativa

  • Un ollo de vidro: É unha novela curta centrada no tema de ultratumba. Predominan o humor negro e o compromiso social.
  • Cousas: Reúne un conxunto de breves relatos acompañados dunha ilustración. Ofrecen un mosaico da realidade galega do seu tempo. As "cousas" son a creación máis orixinal de Castelao.
  • Retrincos: É unha colección de cinco relatos, aparentemente autobiográficos.
  • Os dous de sempre: É a única novela longa de Castelao. Presenta a biografía paralela de dous personaxes, Pedriño e Rañolas, amigos desde a infancia e que encarnan dous xeitos diferentes de concibir a vida.

Ensaio

  • Sempre en Galiza: Publicada en Bos Aires (1944), é a obra máis importante do pensamento galeguista da época. Nela, Galicia é definida coas características propias dunha nación e, fronte ao centralismo, propón un federalismo de todos os pobos ibéricos.
  • Destacan tamén os seus traballos sobre a arte popular: As cruces de pedra na Bretaña e As cruces de pedra na Galiza.

Teatro

Os vellos non deben de namorarse

Foi estreada en Bos Aires. Consta de tres lances independentes, pero de tema e estrutura semellante, encadrados entre un prólogo e un epílogo.

O prólogo anticipa o tema: os amores serodios dos vellos van aparellados á morte.

Os lances presentan tres versións dun mesmo drama: en cada unha hai un vello namorado dunha moza e un mozo que rivaliza con el. En todos os lances aparece tamén a Morte como personaxe que advirte ao vello das dramáticas consecuencias do seu namoramento.

No epílogo, os tres vellos reúnense e analizan as circunstancias da súa morte, laiándose da súa imprudencia.

Entradas relacionadas: