Caza furtiva en Ruanda: consecuencias y soluciones

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,1 KB

A CAZA FURTIVA DE ANIMAIS PROTEXIDOS EN RUANDA

A caza furtiva, tamén coñecida como furtivismo, é a caza ilegal de animáis ou a pesca ilegal de peixes. Os motivos polos cales a caza pode ser ilegal son varios:

Se se realiza fora da tempada legal, se o cazador no posee licencia, o uso de armas ilegais, se a especie cazada está nun área restrinxida, o uso de medios de caza ilegáis (tales como trampas, explosivos e outros) e se o animal ou o peixe está protexido por leis ou está en perigo de extinción.

Neste caso, imos falar da situación da caza furtiva en Ruanda. Ruanda é un pequeno país ubicado en África Suroccidental. Nel habitan indíxenas que practican a caza furtiva. Os indíxenas de Ruanda cazan animais protexidos para evitar pasar fame e estes tampouco poseen unha licencia para poder cazar. Comprendo que a razón pola que cazan eses animais sexa un motivo imprescindible para vivir, a súa alimentación; non obstante, eles poderían evitalo se as autoridades do seu país proporcionasen axudas para obter alimentos por outros medios. Moitos indíxenas que realizan a caza de especies protexidas non son conscientes do dano que están causando, xa que eles só pensan en non morrer de fame.

Para que os indíxenas deixasen de cazar animais protexidos, terían que ser conscientes das graves consecuencias dos seus actos: a posible extinción dalgunhas especies implica a perda de organismos e, con eles algúns ecosistemas deixarían de ser sostibles, polo que levaría a un masacre dunha amplia diversidade. 

Por outra banda, tras esa suposta finalizacion da caza furtiva, estes indivíduos necesitarían contar con outro medio para a obtención de alimentos. O goberno ha de facilitar coñecementos e recursos para practicar a gandería e a agricultura, ademáis de proporcionar alimentos en épocas de malas colleitas.

En conclusión, a caza das especies protexidas supón un perigo para o conxunto da vida e dos seres vivos, xa que todos dependemos de todos, directa ou indirectamente, e, polo tanto, os gobernos teñen que concienciar e dar alternativas a esa caza.

Entradas relacionadas: