Clasificación y Características Biológicas de los Invertebrados Marinos y Terrestres
Clasificación dos Invertebrados
Poríferos ou Esponxas
As esponxas son animais acuáticos que viven fixos ás rochas. Teñen o corpo cheo de poros; a auga atravesa os poros, chega a unha cavidade central e sae polos ósculos. Teñen no seu interior unhas células con flaxelos.
Celentéreos (Cnidarios)
Os celentéreos son invertebrados acuáticos que teñen unha abertura rodeada de tentáculos. Poden ter forma de saco ou de parasol; están fixos ao fondo e teñen os tentáculos no borde do parasol. Caracterizanse porque posúen células urticantes que conteñen un líquido irritante.
Platihelmintos
Os platihelmintos son vermes parásitos e poden causar graves enfermidades; os máis importantes son as planarias e as tenias.
- As planarias son platihelmintos de vida libre máis importantes. Son carnívoras e viven en ambientes acuáticos. Teñen unha gran capacidade de rexeneración: cando as cortas, fórmanse individuos novos.
- As tenias ou solitarias son parásitas e viven no intestino de moitos animais. A estrutura do corpo da tenia é moi sinxela e o aparello máis desenvolto é o reprodutor.
Nematodos
Os nematodos son vermes de corpo cilíndrico e delgado. Teñen unha capacidade enorme de reprodución, abundan en ambientes húmidos e, nalgúns casos, causan graves enfermidades.
Anélidos
Os anélidos están formados por anelados separados interiormente por tabiques. O tubo dixestivo percorre todo o animal desde a boca ata o ano.
- As samburguxas viven en augas doces, son parásitos externos que se alimentan de sangue, non teñen quetas e posúen dúas ventosas en cada extremo.
- As miñocas están formadas por aneis, teñen poucas quetas e son beneficiosas para o solo grazas a que fan galerías.
Moluscos
Os moluscos teñen o corpo brando e, polo xeral, está protegido por unha cuncha. Os seus órganos están cubertos por un pregamento do corpo chamado manto.
- Gastrópodos: Son moluscos que adoitan ser mariños ou terrestres, teñen unha cabeza con tentáculos e ollos, posúen un pé ancho e plano e adoitan estar cubertos por unha cuncha en espiral.
- Bivalvos: Teñen o corpo alonxado entre dúas cunchas que se abren e se pechan mediante músculos; non teñen cabeza diferenciada.
- Cefalópodos: Son os moluscos máis complexos. Están provistos de ventosas, teñen os ollos moi perfeccionados e nadan a gran velocidade.
Equinodermos
Os equinodermos son animais que viven nas rochas do fondo do mar; a maioría destes teñen simetría radial e posúen un aparello ambulacral que lles permite desprazarse.
- Os ourizos de mar teñen forma de globo e están provistos de numerosas pugas.
- As estrelas de mar aliméntanse de moluscos e crustáceos.
- As ofiúras son semellantes ás estrelas de mar, pero cos brazos moi delgados.
- As holoturias teñen forma alongada e semellan pequenas estruturas chantadas no fondo do mar.
O Reino dos Artrópodos
Os artrópodos son invertebrados que se adaptaron ao maior número de ambientes posibles. O seu corpo está dividido en cabeza, tórax e abdome, e posúen uns apéndices articulados especializados en realizar distintas funcións.
O corpo está cuberto por unha coiraza ou cuncha dura chamada exoesqueleto. O exoesqueleto despréndese e renóvase varias veces ao longo da vida do animal nun proceso que se chama muda. O exoesqueleto endurece grazas á presenza de quitina.
Crustáceos
Os crustáceos teñen o corpo dividido en cefalotórax e abdome. Posúen unha cuncha dura ou coiraza formada por pezas articuladas que conteñen quitina e calcio.
- Crustáceos inferiores: Como os percebes.
- Crustáceos superiores: Están protexidos por aneis articulados, dous pares de antenas e unha mandíbula. Exemplos son a gamba e o cangrexo de río (abdome longo) ou as centolas (abdome curto e ancho).
Miriápodos
Os miriápodos teñen o tronco formado por moitos aneis articulados, cun ou dous pares de patas en cada un. Posúen unha cabeza con ollos, un par de antenas e unha boca masticadora.
Arácnidos
Os arácnidos teñen o corpo dividido en cefalotórax e abdome; carecen de antenas e de mandíbulas. Posúen seis pares de apéndices: un par de quelíceros (pequenos órganos que axudan a coller a presa), un par de pedipalpos e catro pares de patas. Aliméntanse mediante unha digestión externa.
Insectos
Os insectos teñen o corpo dividido en cabeza, tórax e abdome. Posúen un par de antenas e varias pezas bucais adaptadas a diferentes tipos de alimentación (o aparello bucal máis simple é o masticador).
O tórax ten tres pares de patas e, habitualmente, dous pares de ás. Grazas ao seu exoesqueleto puideron colonizar multitude de ambientes terrestres e aéreos. A miúdo, as larvas dos insectos aliméntanse de recursos distintos aos do animal adulto, polo que a maioría dos insectos sofre un proceso de desenvolvemento chamado metamorfose, no cal a larva se converte en adulto (como ocorre coas avelaíñas e bolboretas).