Clasificación y Características de las Cantigas Medievales Galego-Portuguesas
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
con un tamaño de 3,62 KB
Cantigas de Amigo
Definición
Composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller namorada as penas de amor que esta dirixe ao seu amigo ou amante.
Orixe
Xénero autóctono que procede dunha primitiva poesía oral anterior á época trobadoresca, que debeu existir no noroeste da península.
Características
- Identificación: A palabra "amigo", "amado" ou "namorado".
- Temática: O lamento (sufrimento) pola ausencia do amado, a ledicia polo encontro, a oposición da nai á relación, reproches ao amigo e a reconciliación.
- Suxeito lírico: A amiga, unha rapaza namorada que expresa os seus estados de ánimo.
- Paisaxe: Bucólica e primaveral (fontes, ríos, igrexas, aves, cervos, ermidas) con valor simbólico.
Confidentes e Simboloxía
A rapaza diríxese a confidentes (amigas, nai, irmá e a natureza). A simboloxía inclúe:
- Árbores: Piñeiro (novas do namorado) e abelaira (primavera e paixón).
- Auga: Fecundidade e encontro amoroso. Augas claras (pureza) e remexidas (perda da virxinidade).
- Vento e cervos: Simbolizan ao namorado e a virilidade.
Subxéneros e Recursos Formais
Destacan as albas, bailadas, mariñas e romarías. Empréganse recursos como o paralelismo, o leixapren e o refrán.
Cantigas de Amor
Definición e Orixe
Composicións onde un home se dirixe a unha dona expresando o seu amor. É unha imitación da poesía trobadoresca provenzal (séculos XI-XIV), sendo a cançó o seu máximo expoñente.
Amor Cortés
A relación amorosa é unha transposición do sistema feudal: o poeta (vasalo) debe sumisión á súa amada (senhor). O namorado debe reunir virtudes como a mesura (discreción, humildade, fidelidade) e sufrir a coita de amor.
Características
- Suxeito lírico: Masculino, en primeira persoa.
- Idealización: Descricións xenéricas da dama para evitar sospeitas.
- Temática: Louvanza, confesión de amor, pena por amor non correspondido e reserva da dama.
Recursos Formais
Utilízanse estrofas (cobras) con recursos como o dobre, mordobre, finda e atá-finda. As estrofas poden ser unisonantes, singulares, dobras ou alternas.
Cantigas de Escarnio e Maldizer
Definición e Orixe
Composicións satíricas sobre situacións sociais da época medieval, influenciadas polo sirventés provenzal.
Diferenciación
- Escarnio: Uso de palabras cubertas, ambigüidade, eufemismos e ironía.
- Maldizer: Palabras directas, sen dobre sentido, con termos obscenos e sátira explícita.
Características e Clasificación Temática
O seu obxectivo é a sátira, a diversión ou a moralización mediante a hipérbole e a caricatura. Clasifícanse en:
- Sexual: Condición sexual, clero, soldadeiras.
- Social: Vicios, defectos físicos, nobreza.
- Xograresca: Críticas entre trobadores e xograres.
- Política: Feitos históricos, traizóns.
- Moral: Corrupción e decadencia de valores.
- Literaria: Parodias doutros tipos de poesía.