Clasificación de Familias Léxicas Irregulares y Géneros Literarios
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Español
Escrito el en
español con un tamaño de 2,65 KB
Familias Léxicas Irregulares
O conxunto de palabras dun idioma que derivan da mesma raíz chámase familia léxica. Cando hai unha variación na raíz, falamos de familia léxica irregular.
Xéneros Literarios
1. Xéneros de Ficción
Son chamados xéneros maiores e neles encontramos tres:
- Narrativa: É a forma adecuada para que un narrador transmita acontecementos alleos. Inclúense contos e novelas.
- Características: Feitos que lle ocorren a uns personaxes nun determinado lugar e tempo; o narrador é un ser de ficción inventado polo autor; alternan a voz do narrador e dos personaxes; antigamente era habitual que fose en verso, hoxe normalmente é en prosa.
- Lírica: Xénero adecuado para a expresión dos sentimentos do eu poético. É o que coñecemos normalmente co nome de poesía.
- Características: Discurso subxectivo; provoca emoción no receptor; escrita en verso, agás o poema en prosa; presenta ritmo e musicalidade; breve.
- Dramática: Os propios personaxes son os que viven de forma directa os seus conflitos. Adoitamos chamarlle teatro.
- Características: Dirixida á representación; mímica, iluminación, escenografía…; texto en diálogo.
2. Xéneros de Non Ficción
- Didáctica: Xénero que se emprega cando, ademais da finalidade artística, está presente tamén un interese pedagóxico. Pódese facer a través dunha fábula, dunha epístola ou dun ensaio. Na actualidade destaca o ensaio, un escrito en prosa, de non excesiva extensión, onde desde unha interpretación persoal se tratan diferentes temas (políticos, científicos…).
- Características: Subxectividade; temáticas dende o máis cotián a temas transcendentais; ausencia de estrutura determinada; as formas discursivas que predominan son a exposición e a argumentación.
- Oratoria: Xénero literario oral que ten como obxectivo expoñer unhas ideas sobre un determinado tema coa finalidade de persuadir ou convencer o auditorio. Neste xénero inclúense o discurso e a conferencia, entre outros.
- Características: Perséguese convencer, por iso predomina a claridade expositiva; discurso obxectivo no que se achegan datos e demostracións; estrutura organizada (introdución, corpo, conclusión); temas obxectivos; as formas discursivas que predominan son a exposición e a argumentación; dominio da comunicación tanto nos aspectos verbais como nos orais e visuais.