Conceptos Clave de la Historia Política y Social de Galicia

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,61 KB

Organizaciones y Movimientos Políticos en Galicia

ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma)

A Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) foi un partido político galego, de carácter republicano e autonomista, que se fundou no outono de 1929 na Coruña. Contou coa participación das Irmandades da Fala locais e o Casino Republicano, dirixido por Santiago Casares Quiroga, quen se converteu no seu principal dirixente a pesar de seren maioritarios os galeguistas nun primeiro momento. Isto explica que, no seu primeiro manifesto, a ORGA reclamara unha república federal e que, cando o sector galeguista quedou en minoría, a ORGA defendera o autonomismo, aínda que de forma morna.

Proletariado

É aquela clase da sociedade que non ten a propiedade dos medios de produción. Polo tanto, a única fonte de ingresos para os proletarios é a venda da súa forza de traballo.

Provincialismo

Nace nos anos 1840-1846, no seo do Partido Progresista. Foi un movemento que defendía a unidade de Galiza, a cal non estaba recoñecida pola división administrativa en provincias. Reclamaron a recuperación dunha única provincia (sobre o antigo Reino de Galiza).

PSG (Partido Socialista Galego)

Foi un partido galego nacionalista de esquerdas, fundado na clandestinidade en 1963 e fusionado con Esquerda Galega en 1984.

Redención dos Foros

Supón o recoñecemento dos dereitos do que percibe as rendas mediante o pago dunha indemnización, non excesivamente elevada, por parte do campesiño que se fai coa propiedade da terra.

Real Academia Galega

É unha institución científica, creada en 1906 —con Murguía como primeiro presidente—, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega.

Rexionalismo

O rexionalismo supón unha fase intermedia no proceso evolutivo do galeguismo, xa que se sitúa a medio camiño entre o movemento galeguista anterior (o provincialismo) e o posterior (o nacionalismo).

Solidariedade Galega

No verán de 1907, 44 persoas asinan o Manifesto Solidario, que deu orixe a Solidaridad Gallega, na que conflúen:

  • Os republicanos dirixidos por José Rodríguez Martínez.
  • Os republicanos federais de Moreno Barcia.
  • Os tradicionalistas de Juan Vázquez de Mella.
  • Os rexionalistas de Manuel Murguía.

O anticaciquismo e o apoio ao asociacionismo agrario foron os dous piares da organización.

UPG (Unión do Povo Galego)

Organización política nacionalista galega fundada en 1964.

Entradas relacionadas: