Conceptos Fundamentais de Climatoloxía e Meteoroloxía para Xeografía

Clasificado en Geografía

Escrito el en español con un tamaño de 2,56 KB

Termos Esenciais de Climatoloxía e Dinámica Atmosférica

AMOC (Atlantic Meridional Overturning Circulation)

AMOC: Acrónimo de Atlantic Meridional Overturning Circulation, cinta transportadora de calor que facilita a suavidade térmica en Europa occidental. Esta estase a ver diluída pola fusión de xeo ártico nas costas de Groenlandia; en consecuencia, a achega de auga doce modera a corrente do Golfo, que pouco a pouco desaparecería.

Aridez

Aridez: O termo que indica sequidade, falta de humidade. O índice de aridez establece a relación entre as chuvias e o poder desecante da evaporación, representada polas temperaturas.

Barlovento

Barlovento: Aba dun relevo montañoso que pola súa orientación respecto ao vento dominante queda exposto ao fluxo ascendente do aire. A aba de sotavento, polo contrario, queda exposta ao fluxo descendente.

DINA / DANA / Gota fría

DINA é o acrónimo de Depresión Illada en Niveis Altos da atmosfera (DANA en español, “Depresión Aislada en Niveles Altos”). É unha “gota fría” que se illou e desprendeu do Jet Stream e provoca habitualmente choivas torrenciais por mor da convección atmosférica. É cada vez máis habitual nos períodos desde finais de primavera até comezos do outono na cunca mediterránea, onde a mestura de ar quente en superficie e frío en altura dá lugar a situacións atmosféricas treboentas.

Inversión térmica

Inversión térmica: Incremento da temperatura do ar ao aumentar a altura, cando debera de diminuír segundo o gradiente adiabático normal. O ar máis cálido atópase sobre o máis frío. A nivel do solo, é resultado da irradiación nocturna con ar en calma e ceo despexado nunha situación anticiclónica invernal ou nun val.

Isóbara

Isóbara: Liña imaxinaria que une os puntos da superficie terrestre que rexistran unha mesma presión atmosférica. Nos mapas do tempo, as isóbaras trázanse cada 4 mbs. Cando o seu valor supera o da presión normal (1013 mb) constitúen anticiclóns; cando se sitúa por baixo, borrascas.

Isohieta

Isohieta: Isoliña imaxinaria que une puntos con iguais valores de precipitacións, nun mapa no que se expresen cantidades de precipitación recibida por áreas. Utilízase sobre todo nos mapas climáticos.

Entradas relacionadas: