Conceptos Fundamentais da Lingua Galega, Gramática e Historia Medieval

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,25 KB

Conceptos Básicos da Comunicación

  • Linguaxe: É a facultade que lle permite aos seres humanos comunicárense entre si empregando signos orais.
  • Lingua: É o conxunto de signos e de regras que están a disposición de todos os falantes dun mesmo idioma.
  • Fala: É o uso oral que un falante fai da lingua ao construír unha mensaxe determinada.
  • Textos: Conxuntos de enunciados combinados entre si. Deben ser: coherentes, adecuados e cohesionados.

Mecanismos de Cohesión Textual

Conectores

Atópanse algúns adverbios:

  • Primeiramente
  • Despois
  • Finalmente...

Conxuncións

Pero, porque, ou...

Locucións

Non obstante, pola contra, aínda que, xa que logo, malia que...

Recursos Literarios e Estilísticos

  • Aliteración: Repetizón de sons.
  • Onomatopeia: Imitacións de sons e ruídos.
  • Hipérbato: Consiste na alteración da orde das palabras nas oracións.
  • Anáfora: Repetición dunha palabra ou dun grupo delas ao inicio de varios versos.
  • Antítese: Consiste na oposición de elementos contrarios.
  • Hipérbole: Esaxeración desmesurada.

Xéneros Poéticos Tradicionais

Poesía:

  • Cantiga: Composición dedicada ao canto.
  • Égloga: Diálogo entre pastores.
  • Elexía: Poema que laia a morte de alguén.
  • Oda: Poema extenso.

Campo Léxico

Campo léxico: Conxunto de palabras que posúen algún trazo semántico común.

Acentuación e Regras Fonéticas

Diptongos

Diptongos: Dúas vogais xuntas na mesma sílaba (un golpe de voz) seguen habitualmente as normas de acentuación.

Exs: acuático, paciencia, nación.

Diptongos decrecentes

Ai, ei, oi, au, eu, ou. Nunca levan acento gráfico cando van na última sílaba dunha palabra aguda.

Ex: sentimentais.

Hiatos

Hiatos: Dúas vogais contiguas pero en sílabas distintas (dous golpes de voz). En que apareza unha vogal pechada (i, u) levarán acento gráfico sempre.

Exs: túa, frío, caída...

As secuencias ui e iu poden constituír diptongo e hiato. No caso de ir a vogal en 2º lugar sería hiato e habería que acentuala sempre (exs: xuíz); se vai en 1º lugar é diptongo.

Historia e Orixes da Literatura Galega

Galicia denominouse reino independente nos séculos X, XI e XII. Surchiu unha nova clase social, a burguesía, e descubriuse a tumba de Santiago a comezos do século IX.

É a finais do século XII e comezos do século XIII cando o galego comezou a rexistrarse na escrita.

  • En verso: O máis antigo é a cantiga satírica de Xoán Soares de Paiva, escrita cara ao ano 1200.
  • En prosa: A máis antiga data de principios do século XIII co Testamento de Afonso X de Portugal.

Clasificación Social na Idade Media

  • Trobadores: Tiñan o maior rango social, eran nobres; eles compuñián o texto e a música das cantigas.
  • Xograres: Eran artistas ambulantes de clase baixa que interpretaban as cantigas feitas polos trobadores.
  • Segreis: Formaban parte da baixa nobreza e escribían composicións.

Pares Mínimos e Distincións Gráficas (Acentos Diferenciadores)

  • Á: Contracción de a + a / alá.
  • A: Artigo, pronome átono, preposición.
  • Ás: Contracción de a + as / ás (alas).
  • As: Artigo, pronome átono.
  • Bóla: Esfera.
  • Bola: Peza de pan.
  • Fóra: Adverbio de lugar.
  • Fora: Verbo ser ou ir (pretérito mais que perfecto).
  • Nó: Sustantivo, atadura.
  • No: Contracción en + o.
  • Nós: Pronome tónico plural de nó.
  • Nos: Pronome átono, contracción en + os.
  • Ó: Contracción a + o.
  • O: Artigo, pronome.
  • Présa: Apuro, urxencia.
  • Presa: Prendida, presada.
  • Sé: Sede eclesiástica.
  • Se: Conxunción, pronome.
  • Vós: Pronome tónico plural.
  • Cá: Contracción ca + a.
  • Ca: Conxunción comparativa.

Entradas relacionadas: