Conceptos Fundamentais do Imperialismo e a Cultura no Século XIX
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,89 KB
Conceptos Políticos e Históricos do Século XIX
- Colonialismo: Dominación política, económica ou cultural que os estados exerceron sobre os novos territorios.
- Imperialismo: É a política aplicada por estas potencias, que lles permitiu estender o seu dominio sobre a maior parte do mundo.
- Colonia: Territorio dominado e administrado por unha potencia estranxeira.
- Metrópole: Estado que goberna, administra ou explota as súas posesións coloniais.
- Aculturación: Proceso polo cal un grupo de persoas adquire unha nova cultura á vez que perden trazos ou elementos da propia.
- Armisticio: Acordo entre países belixerantes polo cal se procede á suspensión das hostilidades.
As Grandes Alianzas Internacionais
A Tripla Alianza
A Tripla Alianza, ou as potencias centrais, estaba formada polo Imperio Alemán, o Imperio Austro-Húngaro e Italia, e constituíuse en 1882. Respondía á política do chanceler alemán Otto von Bismarck, orientada a conseguir para o seu país o primeiro posto na política mundial.
A Tripla Entente
A Tripla Entente, ou as potencias aliadas, xurdiu como reacción á política expansionista alemá. Francia e o Reino Unido asinaron o Pacto de Entente Cordiale en 1904; esta alianza ampliouse coa incorporación do Imperio Ruso en 1907.
Movementos Culturais e Correntes de Pensamento
Romanticismo
Movemento cultural que se desenvolve en Europa a inicios do século XIX. Xorde como oposición ao Neoclasicismo e á Ilustración en Alemaña, Gran Bretaña e Francia. As revolucións políticas modificaran as ideas e as formas de vida da sociedade industrial, e iso reflíctese na literatura e a arte. Entre as artes plásticas destaca a pintura.
Realismo
Movemento que propón a substitución da visión subxectiva dos románticos por unha representación obxectiva e fiel do mundo real. Na segunda metade do século XIX, o ascenso social da burguesía e a nova mentalidade positivista inflúen na produción literaria e artística. A función da arte é mostrar a realidade tal e como a captan os sentidos a través da temática social. Ten grande importancia na literatura, na que o movemento se estende ata o século XX.
Positivismo
Corrente ideolóxica baseada na análise dos feitos reais verificados pola experiencia, que cre que o progreso da sociedade será infinito.
Impresionismo
A fotografía invéntase en 1839 e pasa a ocuparse da representación da realidade. A pintura vese desprazada e liberada desa función.