Conquista e Romanización de la Península Ibérica

Clasificado en Latín

Escrito el en español con un tamaño de 3,6 KB

Conquista e romanización

Roma comeza a amosar interese pola Península Ibérica durante a Segunda guerra púnica, o conflito que enfrontou a Roma con Cartago polo dominio do Mediterráneo Occidental. Os romanos desembarcan, en Emporion e loitaron 12 anos contra os cartaxineses ata expulalos e dan comezo á conquista costa mediterránea da Península e o treito baixo do val do Ebro e o val do Guadalquivir entre o 218 a.C e o 205 a.C.

Conquista da Península Ibérica

A segunda etapa da conquista (197-177 a. C) levaría ao dominio dunha franxa interior sobre a anterior. En 197 a.C., Hispania quedaría dividida en dúas provincias a Hispania Citerior (capital en Cartago Nova) e a Hispania Ulterior (capital en Corduba). A mediados do s. II (154-133 a.C) comeza a conquista da Meseta e o litoral atlántico; son as guerras contra os lusitanos e arévacos. A última etapa (3ª) corresponde coa chegada de Octavio Augusto, quen, entre 29 eo 19 a.C. pacifica o norte peninsular. No 14 a.C. Hispania quedaría entón dividida en tres provincias, Baética (capital en Córduba), Lusitania (con capital en Emerita Augusta) e Tarraconensis (con capital en Tarraco).

Elementos de romanización

A intensidade da romanización non foi uniforme, sendo máis intensa nas zonas que primeiro foron conquistadas e naquelas onde os romanos crearon cidades.

Organización político-administrativa do territorio

Para asegurar o control do territorio, a explotación das fontes de riqueza, administrar xustiza e recadar impostos, os romanos estableceron diferentes unidades político-administrativas. As provincias (dirixidas por un gobernador nomeado por Roma que englobaban a varios conventus e civitas), que variaron co tempo. Os conventus eran unidades administrativas de carácter xudicial, de recadación de impostos e de recrutamento de tropas; o conventus lucensis corresponde basicamente coa Galicia actual. As civitas eran as unidades básicas do sistema romano, formadas polo núcleo urbano e un territorio circundante e podían ser de varios tipos segundo o seu estatuto xurídico (colonias, municipia). Na actual Galicia destaca a cidade de Lucus Augusti (Lugo).

Lingua e cultura

Os conquistadores impuxeron a súa lingua, o latín, sobre as linguas autóctonas e da súa evolución xurdirán as linguas románicas (galego, castelán, catalán). A cultura romana foi asimilada polos pobos prerromanos con diferente intensidade, así como a relixión oficial e o cristianismo, que se estendeu con rapidez na Península a pesar das persecucións ordenadas polos emperadores e a aparición das primeiras herexías, entre as que destacou a dos priscilianistas.

Obras públicas

Son numerosos os restos conservados: calzadas, acuedutos (Segovia), pontes (Alcántara no Texo, Bibei no río do mesmo nome), teatros e anfiteatros (Mérida, Itálica, Tarragona). As murallas de Lugo – o mellor recinto conservado do Imperio- e a Torre de Hércules –o faro máis vello do mundo en funcionamento- foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Da Península Ibérica chegaba aceite, viño, trigo, salgadura de peixe, tecidos de liño e esparto, ouro, prata, cobre, chumbo, cinabrio. Este activo comercio sería impensable sen a rede de calzadas e os portos. O grao de romanización da península variou bastante entre o norte apenas romanizado fronte ao val do Ebro e o val do Guadalquivir pero en xeral o proceso de romanización foi percibido como unha vantaxe polo pobos indíxenas xa que canto maior grado de romanización máis beneficios podían obter do contacto con Roma.

Entradas relacionadas: