Crise do Reinado de Carlos IV e Guerra da Independencia: Do Motin de Aranjuez á Constitución de 1812 e ao Reinado de Fernando VII
Crise do reinado de Carlos IV
Carlos IV confiou o poder a Manuel Godoy, xa que este amosaba fidelidade. A execución do monarca Luis XVI impulsou a Carlos IV a declararlle a guerra a Francia. A derrota de España foi inevitable e a Paz de Basilea subordinou España aos intereses franceses. Desde que Napoleón estivo no poder, a política española vacilou entre o temor a Francia e o intento de pactar con ela para non ter enfrontamentos. Esta alianza derivou nun conflito con Inglaterra, polo cal se viviu a Batalla de Trafalgar (1805), na que a flota franco-española foi derrotada.
Isto repercutiu na economía, con redución de ingresos, especialmente os do comercio colonial. Godoy presentou reformas ante esta crise, como a desamortización de terras eclesiásticas, o que xerou malestar na nobreza e na Igrexa. No campesiñado había fame, escaseza e falta de artigos no mercado interior; esta situación orixinou motíns e revoltas.
Motín de Aranjuez
Pola situación de crise do país, despois da batalla de Trafalgar, España e Francia asinan o Tratado de Fontainebleau, que autorizaba as tropas francesas a entrar en España para atacar Portugal, e despois repartírselo. O 18 de marzo de 1808 estalou o Motín de Aranjuez, na localidade onde se atopaban os reis. O motín, con participación popular pero dirixido pola nobreza e o clero, perseguía a destitución de Godoy.
Guerra da Independencia
Nos anos anteriores, a monarquía de Carlos IV estivera moi desprestixiada. En 1807 permitiuse a entrada das tropas francesas para ocupar o reino de Portugal. Isto desprestixiou aínda máis o goberno e intensificou o odio a Godoy. Un grupo integrado por nobres e clero, favorable ao príncipe Fernando, fillo de Carlos IV, preparou unha conspiración contra o rei na que estaba implicado o seu fillo: é o proceso do Escorial. Máis tarde, en 1808, levouse a cabo o Motín de Aranjuez, que obrigou a Godoy a fuxir e a renunciar ao seu cargo, e Carlos IV abdicou no seu fillo Fernando. Isto agravou a crise da monarquía e, coa entrada dos franceses, aumentou o malestar do pobo, que non apoiaba o tratado.
O levantamento do 2 de maio
O 2 de maio de 1808 o pobo de Madrid alzouse contra as tropas francesas presentes na cidade. O exército francés, ao mando do xeneral Murat, reprimiu o levantamento popular.
O Estatuto de Bayona
Os franceses intentaron instaurar pola forza un sistema político baseado nos principios do liberalismo político, aínda que cun carácter autoritario. Este sistema quedou plasmado no Estatuto de Bayona, redactado segundo as directrices de Napoleón. Aínda que se denominou «constitución», foi unha carta otorgada, xa que a decisión estaba imposta polo poder.
As Xuntas
O pobo alzouse contra os franceses e xurdiron as Xuntas de Armamento e Defensa. Foron primeiro locais, formadas por nobres e clero partidarios de Fernando, que asumiron a soberanía en ausencia do rei, lle declararon a guerra a Napoleón e buscaron apoio en Inglaterra.
En 1808 as Xuntas enviaron representantes a Aranjuez, aproveitando que os franceses non estaban presentes despois da batalla de Bailén, para formar a Xunta Suprema Central, coordinar a loita, dirixir o país e recoñecer a Fernando VII como rei de España.
Ante o avance dos franceses, a Xunta fuxiu a Sevilla e de aí a Cádiz, a única cidade na que axudaban os ingleses. Coa derrota dos invasores en Bruc e Bailén, impediuse a conquista de Andalucía. Forzaron a José I a abandonar Madrid e unha parte dos soldados a retirarse ao norte do Ebro.
A guerrilla
En novembro Napoleón arrasou España cos seus exércitos, que se estenderon por todo o territorio. Vendo que o exército español non daba feito, inventouse un novo método chamado guerrilla: pequenos grupos locais e reducidos que atacaban aos franceses por sorpresa, someténdoos a un desgaste constante.
En 1812 Napoleón retirou as súas tropas cara a Rusia. Así, coa guerrilla, o exército español e os británicos ao mando de Wellington conseguiron a vitoria de Los Arapiles (xullo de 1812). José I abandonou Madrid, que foi tomada por Wellington o 12 de agosto. Así, Napoleón rematou co conflito cos españois e permitiu a volta de Fernando VII, mediante o Tratado de Valençay.
Os afrancesados
Despois da invasión francesa xurdiron os afrancesados: intelectuais e nobres que colaboraban coa monarquía de José I e apostaban por modernizar España, pero tiveron que exiliarse ante a persecución iniciada por Fernando VII.
As Cortes de Cádiz
A fronte patriótica desexaba a volta ao absolutismo; os ilustrados crían que se podía emprender unha serie de reformas; finalmente, os liberais vían que se podía implantar un sistema político liberal con unha constitución. A obra dos deputados reunidos en Cádiz supuxo a liquidación do Antigo Réxime e a definición do primeiro sistema liberal español.
A Xunta Suprema Central convocou Cortes. Mentres estas se reunían, mantívose unha rexencia formada por cinco membros. As Cortes abríronse en setembro de 1810 e formaron unha única cámara, na que aprobaron a soberanía nacional.
Constitución de 1812
- Forma do Estado: Monarquía. Casa reinante: Borbóns. Rei: Fernando VII (a súa figura é sagrada e ten dereito de veto). Liberal, pero con concesións aos deputados absolutistas. Modelo francés. Busca a felicidade (idealismo). Estado confesional intransixente e centralizado.
- Soberanía: Nacional. O poder está nos españois (da metrópole e das colonias).
- Cidadanía: Persoa con dereitos políticos. Varóns maiores de 25 anos, excepto os criados e os negros.
- Sufraxio: Masculino e universal (pero os criados e os negros non tiñan dereito ao voto). Indirecto (non se votaba directamente ao representante).
- Cortes: Asemblea constituída polos representantes dos cidadáns. Para ser deputado esíxese unha renda mínima anual. Só se pode ser elixido unha vez. Unicamerais. Teñen o poder lexislativo: extraordinario (facer a constitución) e ordinario (facer leis normais), que comparten co rei.
- División de poderes:
- Lexislativo: os deputados (Cortes) e o rei (extraordinario).
- Executivo: o rei. Nunca é o responsable, senón os ministros. Ten dereito de veto.
- Xudicial: os tribunais independentes. Guíanse polos códigos penal e civil. Iguais para todos.
Dereitos e liberdades
Propiedade privada. Presunción de inocencia. Dereitos do arrestado. Inviolabilidade do domicilio. Ensino das primeiras letras. Igualdade xurídica. Liberdade de expresión escrita, de opinión e de prensa. Prohíbe o tormento (torturas). Non remite a leis posteriores. Son as máis progresistas.
Obrigas
Pagar impostos en proporción aos recursos. Para os varóns, participar no exército. Practicar a relixión católica.
Vixencia
1812-1814: Guerra da Independencia, con dificultades para aplicala pola guerra. 1820-1823: Trienio Liberal.
A acción lexislativa das Cortes
Na primeira sesión decidiron reunirse en cámara única e proclamaron a soberanía nacional. Aprobaron leis e decretos destinados a eliminar o Antigo Réxime: supresión dos señoríos xurisdicionais, distinguíndoos dos territoriais; eliminación dos mayorazgos e desamortización de terras comunais; abolición da Inquisición; liberdade de traballo, anulación dos gremios e unificación do mercado; desaparecen os privilexios e a Mesta.
Non obstante, a situación de guerra impediu a aplicación do lexislado e, finalmente, a volta de Fernando VII frustrou a experiencia liberal e condujo ao retorno do absolutismo.
O reinado de Fernando VII (restauración do absolutismo)
Os liberais fixeron que Fernando xurara a Constitución. Os absolutistas non querían a Constitución e impulsaron a volta ao absolutismo mediante o Manifesto dos Persas. Fernando, mediante o Real Decreto do 4 de maio de 1814, anulou a Constitución e as leis de Cádiz e anunciou a volta ao absolutismo. En 1815 intentou reparar no país todo o que a guerra arrasara.
O Trienio Liberal (1820-1823)
En 1820 Rafael del Riego tiña soldados listos para loitar nas colonias americanas; sublevouse pedindo a volta á Constitución de 1812, a cal Fernando acabou aceptando. Inmediatamente formouse un goberno que proclamou unha amnistía e convocou eleccións a Cortes.
Os liberais iniciaron unha obra lexislativa: restauraron a liberdade de industria, aboliron os gremios, suprimiron os mayorazgos e os señoríos xurisdicionais e diminuíron o diezmo. Formáronse concellos e deputacións electivas e volveu a Milicia Nacional.
Fernando tivo que acatar as condicións, pero intentaba recuperar o seu poder. Os veciños estaban descontentos porque non lles facilitaban o acceso á terra. A Igrexa estaba descontenta pola supresión do diezmo e a venda de bens monacais, e en 1822 alzáronse partidas absolutistas en Cataluña, Navarra e Galicia. Fronte a esta presión, os liberais dividíronse en:
- Moderados: partidarios de reformas que non prexudicasen as elites sociais.
- Exaltados: partidarios de reformas radicais, favorables ás clases medias e populares.
A Década Ominosa (1823-1833)
A Santa Alianza atendeu as peticións de Fernando. Encargoulle a Francia que interviñese en España para que el volvese ser rei absoluto, e enviou aos Cen Mil Fillos de San Luís, ao mando do duque de Angulema, para facelo. Cando recuperou o poder, produciu unha represión contra os liberais, e moitos, ante o medo, foron ao exilio. Un caso emblemático foi o de Mariana Pineda, acusada de bordar unha bandeira liberal. Outra preocupación foi a perda das colonias americanas. Por volta de 1825 buscou a colaboración dos moderados da burguesía para obter cartos.
O conflito dinástico
Naceu Isabel, filla de Fernando, pero non podía gobernar por ser muller (Lei Sálica). Fernando anulou esa lei mediante a Pragmática Sanción. Os carlistas, aproveitando que o monarca estaba enfermo, reclamaron a Lei Sálica para que Carlos María Isidro puidese gobernar. Pero María Cristina buscou apoios no liberalismo e foi nomeada rexente. Cando Fernando morreu, ela tomou o trono, mentres Isabel era pequena, pero Carlos proclamouse rei e comezou a Primeira Guerra Carlista.
español con un tamaño de 11,61 KB