La crisis del sistema de la Restauración en España (1876-1930)

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,49 KB

Dende 1876 ata 1923, estivo vixente en España o chamado sistema da Restauración ou sistema canovista. Un sistema político aparentemente constitucional e parlamentario, pero nada democrático xa que beneficiaba ós grupos dominantes. A Restauración foi un longo período da nosa historia contemporánea, un tempo de estabilidade constitucional, de modernización económica e de alonxamento do exército da vida política, pero tamén foi unha época de dominio da burguesía oligárquica, de caciquismo e de fraude electoral.

Sen embargo, unha serie de factores políticos (sobre todo, o esgotamento do sistema turnista e o fracaso dos vellos partidos dinásticos para afrontar os problemas do país), económicos, sociais… ademais de problemas concretos como a guerra de Marrocos, levarían a unha progresiva crise do sistema, que acabaría por ser suprimido polos militares cun golpe de Estado (co apoio da Coroa) en 1923.

La grave crisis de 1917

Nos Documentos 1 e 2 podemos atopar varias referencias á grave crise de 1917, o momento “máis delicado” para o sistema, que lograría sobrevivir 6 anos máis coa axuda dos militares.

Para 1917 estaba claro o esgotamento do sistema turnista. A desaparición de Cánovas e Sagasta, xunto á fragmentación dos partidos dinásticos e as lacras da corrupción electoral e do caciquismo, facían cada vez menos operativa a quenda turnista. Políticos como o conservador Maura ou o liberal Canalejas, intentarían reformas rexeneracionistas, sen grandes resultados pola oposición da oligarquía. A inestabilidade política foi inevitable, con 32 gobernos durante os 21 años de reinado constitucional de Afonso XIII. Moitos dos gobernos eran de breve duración, empregándose o recurso de gobernos de concentración (liberais e conservadores) sen grandes resultados.

La triple crisis política de 1917

Neste contexto, cara 1917 desenvolveuse unha triple crise política, confluíndo perigosamente as reivindicacións de 3 colectivos ao mesmo tempo: as organizacións obreiras, a través dunha folga xeral revolucionaria (Documento 2), a oposición política coa Asemblea de parlamentarios en Barcelona (Documento 1) e as esixencias profesionais dos militares a través das Xuntas de Defensa.

El fracaso de la Asemblea de parlamentarios

Como reacción ante o desgaste do sistema, a ausencia de democracia e as protestas das Xuntas de Defensa e as mobilizacións obreiras, político catalanista Francesc Cambó, presionou ao goberno do conservador Eduardo Dato co fin de reformar en profundidade o sistema político e conseguir unha auténtica democracia e a autonomía para Cataluña. A oposición política convocou para o 5 de xullo en Barcelona unha reunión de parlamentarios cataláns que pediron a convocatoria dunhas Cortes constituíntes para tratar a descentralización e a autonomía rexional e municipal, invitando a sumarse a dita reunión a tódolos parlamentarios da oposición, para poñer en marcha unha Asemblea extraordinaria como representación lexítima da vontade do país. Aínda que foi prohibida polo goberno ( foi considerada como unha «reunión ilegal, sediciosa e separatista»), reuniuse a Asemblea de parlamentarios o 19 de xullo, composta por un número reducido de 71 deputados catalanistas, republicanos e socialistas, que esixiron a posta en marcha das Cortes constituíntes mencionadas.

El papel de la conflitividad obreira en la crisis de 1917

Co Documento 2 podemos facer unha alusión ao papel da conflitividade obreira na crise de 1917. O proletariado, cunhas condicións de vida e de traballo moi duras (empeoradas polo impacto da Gran Guerra), atoparon nos sindicatos anarquista da CNT e socialista da UXT canles para reclamar melloras laborais, pero tamén para esixir un sistema político de tipo democrático. O incremento do malestar social dera xa lugar a unha folga xeral en 1916 contra a carestía da vida.

La folga xeral revolucionaria de 1917

As reivindicacións obreiras radicalizáronse, coincidindo no verán do 1917 coas reivindicacións dos militares e dos políticos da oposición. Ante a intransixencia do goberno, a UXT e o PSOE convocaron unha folga xeral revolucionaria en agosto de 1917, para lograr o derrocamento do réxime e a convocatoria dunhas Cortes constituíntes. Esta folga foi apoiada á súa vez pola CNT e polos republicanos, pero non foi apoiada polo campesiñado. A folga xeral presentou unha incidencia desigual, e o goberno reaccionou cunha forte represión (como na Semana Tráxica de 1909), botando man da Garda Civil e do exército, cun balance de 70 mortos e dous mil detidos.

El fin del sistema de la Restauración

Só a descoordinación entre os tres colectivos que se mobilizaron en 1917, o medo da burguesía a unha revolución social e o apoio dos militares a Afonso XIII, permitiría ao sistema salvarse de momento.

La dictadura de Primo de Rivera

Por último, sería o propio exército o que remataría por “enterrar” definitivamente o sistema da Restauración. Despois de case 50 anos de estabilidade constitucional e política no noso país, o cúmulo de problemas anteriormente mencionados facían imposible a súa prolongación. Ante a negativa das institucións máis conservadoras (Coroa e Exército), e da oligarquía política e económica a introducir reformas democráticas no sistema (por medo a perder os seus privilexios ou a unha «revolución dende abaixo»), a opción escollida no seu lugar foi un golpe militar da man do xeneral Primo de Rivera, que instauraría a primeira das dúas ditaduras militares que sufriu España no s. XX.

La caída de la Dictadura y el balance final

Finalmente, debemos referirnos (baseándonos no Documento 3) á caída da Ditadura e ao balance final da mesma. Ao longo da ditadura aumentaran as críticas ó réxime. Políticos liberais, intelectuais (Blasco Ibáñez, Ortega y Gasset, Unamuno), estudiantes, nacionalistas, republicanos, socialistas, anarquistas e incluso militares foron formando unha ampla oposición que progresivamente converxeron nos desexos de lograr a desaparición da Ditadura e, incluso, tamén da Monarquía. O panorama empeorou cos primeiros síntomas do crack do 29, e ante a falta de apoios (incluso por parte do monarca), Primo de Rivera demitiu en xaneiro de 1930. Afonso XIII encargaríalle sucesivamente ao xeneral Berenguer e ao almirante Aznar unha difícil transición cara ao constitucionalismo parlamentario, proxecto fracasado coa proclamación da II República en abril do 31.

Entradas relacionadas: