Cultura, Pensamento e Modernidade

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,87 KB

CULTURA E PENSAMENTO

A cultura segundo as concepcións antropolóxicas refírense ás técnicas produtivas, ás formas de organización social, ás ciencias relixiosas, aos códigos morais, aos costumes e ás festas. Segundo Edgar, B. Tylor, a cultura é todo complexo que inclúe coñecementos, crenzas, arte, leis, costumes... Todos adquiridos a través da sociedade. Desde os inicios da nosa cultura, existiu unha contraposición entre: natureza (physis) que é a forma innata na que crecen animais e plantas; e a cultura (nomos) que fai referencia ás opinións ou crenzas colectivas, os costumes sociais mantidos por unha sociedade transmitida de xeración en xeración e a lei. Temos unha cultura patriarcal, entendendo o patriarcado como a manifestación e institucionalización do dominio masculino sobre as mulleres e os nenos dunha familia e ampliando ese dominio a sociedade en xeral, é dicir, temos unha visión do mundo na que o centro e o home, e polo tanto unha sociedade marcada polo androcentrismo, na que se considera o varón como o canon ou prototipo da cultura. Existen teorías que intentan explicar o porque das implantacións das sociedades patriarcais. Algunhas destas son: teoría marxistas, teorías de carácter biolóxicos e as de carácter simbólico.

  • Teoría marxista, de Marx e Engels, manteñen que a aparición do patriarcado propúxose a través da propiedade privada, é dicir, consideran que a muller e propiedade privada do home.
  • Teoría de carácter biolóxico, é dicir, de sexo, na que se diferenza os homes das mulleres. En canto o xénero fai referencia aos roles asociados a masculinidade e a feminidade nas diversas culturas e épocas. Foi acuñado pola antropóloga feminista Cay le Rubin. A distinción entre sexo e xénero comeza a darse grazas ás seguintes autoras: Simone de Beavour afirma que a cultura nos condiciona a ser o segundo sexo non a natureza. Polain De la Barre postulou que se prescindimos dos prexuízos temos que concluír que o xénero non ten sexos, polo que homes e mulleres somos iguais. E di que a cultura é a que configura a feminidade e masculinidade.
  • Carácter simbólico, destacamos a Levi Strauss, descubridor do tabú do incesto, que consiste na prohibición de manter relacións sexuais entre individuos de parentesco próximo. Dentro da educación tamén se da o sexismo, en elementos como os textos escolares (analizando a lingua, as imaxes, as temáticas, o enfoque...), materiais didácticos e materiais curriculares (nestes tres elementos non se nomean as mulleres), relación alumno/profesor en función do sexo, xestión predominante dos varóns. A cultura está relacionada co pensamento, xa que esta expón o conxunto de ideas propias dunha persoa ou dunha sociedade, que neste caso e androcéntrica. A pesar diso xurdiu unha defensa polos dereitos e igualdade das mulleres, destacando a lei de igualdade xurdida en 2007.

MODERNIDADE

No s.XVII e XVIII, xorde a modernidade movemento político e filosófico dos tres últimos séculos da historia occidental. En esta etapa caracterízase entre outras cousas por pasar dunha sociedade agraria a unha industrial, recoñecemento do mérito e esforzo persoal só no colectivo masculino, substitución do relato relixioso polo científico, desenvolvemento das capacidades cognitivas: res cogitas (fin da educación), o individualismo, o progreso e liberalismo (liberdade como a igualdade como a fraternidade). A modernidade tamén introduce o concepto de suxeito e primacía da razón. Nesta época illase ao individuo para convertelo nun suxeito puro, autónomo e libre que pode perfeccionarse por medio da educación para conseguir desta forma un progreso moral. Kant critica o ideal de educación da época porque non favorecía ao ser libre e autónomo. Senón que o limitaba a coñecer unha serie de regras impedindo un pensamento propio e non guiado. Como xa mencionei anteriormente na modernidade había unha confianza no progreso definido e dito progreso convoca a un perfecionamento dos individuos e das colectividades e a un benestar cada vez máis xeneralizado. Implántase unha nova concepción do Estado o paradigma do humano, civís, cidadán, como ser autónomo e libre que se pode perfeccionar por medio da educación. A educación pasa a ser o medio necesario para converternos en seres autónomos, libres e iguais. No s. XI podemos dicir que a educación queda reducida a educación instrumental. Todo o demais e secundario. As luces da modernidade baséanse nos principios de: racionalidade, liberdade, igualdade, autonomía, progreso, universalismo, secularización e democracia. Pero a modernidade tamén ten unha cara oculta, xorde un crevantamento do universalismo e da igualdade, xa que a metade da humanidade quedaba fora das luces da razón. No s.XVIII é un período significativo polo referente a existencia das mulleres como colectivo e hai un cambio de mentalidade en Europa; os individuos pasan a ser considerados como cidadáns iguais ante a lei. Hai unha serie de autores que pertencen a ilustración olvidada, como son: Poullaín de la Barre (claridade e igualdade), Condorcet (igualdade), Olympe de Gouges ( precursora dos dereitos da muller), Madame Roland, Mary Wollstonecraft (reivindica os dereitos da muller), Claire Lacombe (formou a sociedade de republicanas e revolucionarias e capitá dos arrabais de París), Josefa Amor y Borbón (defende o dereito da educación das mulleres). En canto ás sombras, nos inicios da modernidade,ilustrados e ilustradas, cuestionaron o principio da igualdade ( o discurso). Pódese dicir que hai uns ilustradores que quedaron ocultos na modernidade, chamados filósofos da sospeita, como son: Freud, Nieztsche e Marx. Ambos sospeitan e cuestionan o credo da modernidade, criticando o concepto de verdade e racionalidade. Ademais os mitos da modernidade (suxeito, razón, progreso,...) sofren unha profunda crise. No s. XX xorde unha crítica a sociedade na que destaca dous autores: -Horkheimer fai unha crítica da razón instrumental, contrapón a racionalidade crítica coa racionalización, defende que a racionalidade crítica debe ser histórica, dialéctica, racional e negativa. -Adorno postula que a teoría crítica debe actuar desde un uso crítico da razón, rexeita aquilo que sexa irreconciliable coa razón. Na actualidade o referente da escola de Frankfurt e Habermas: que a diferenza dos anteriores autores defende a teoría da acción comunicativa, na acción colectiva, no diálogo, na expresión das persoas.

Entradas relacionadas: