Desamortización, Pronunciamento y otros eventos históricos en España

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,87 KB

Desamortización

Desamortización: proceso de expropiación por parte do Estado e posterior puxa pública das terras amortizadas das mans mortas pertencentes ao clero ou ben das propias e comúns dos concellos. É propia dos gobernos liberais progresistas e desatacan a de Mendizabal (1836) e Madoz (1855) polo importante volume de terras expropiadas.

Pronunciamento

Pronunciamento: forma de rebelión militar característica da España do XIX na que un grupo de militares se posicionaba públicamente en contra do goberno e a favor dunha determinada facción política. Non implica loita armada, se as forzas militares restante se adiren triunfa e no caso contrario implica arresto ou exilio. Destacan o de Riego, Donell e Serrano.

Pragmática sanción de 1830

Pragmática sanción de 1830: derrogación parcial da Lei sálica de Felipe V que permite o reinado das mulleres en liña hereditaria descendente en ausencia de varón. Foi promulgada por Fernando VII co obxectivo de que reinara a súa filla Isabel II en detrimento dos dereitos do seu irmán Carlos. Marca o comezo dos conflitos carlistas.

Abdicación de Bayona

Abdicación de Bayona: denominación das sucesivas renuncias á Coroa de España de Fernando VII no seu pai Carlos IV e este en Napoleón Bonaparte o cal entrega a Coroa ao seu irmán Xosé I Bonaparte o 5 de maio de 1808. Supoñen o inicio da dinastia Bonaparte e son unha das causas da Guerra de independencia.

Estatuto real

Estatuto real: Carta outorgada promulgada pola raíña rexente Maria Cristina de Borbón no nome da súa filla Isabel II en 1834 como concesión aos liberais moderados por apoiala no contexto da Primeira guerra carlista. Supón a implantación dun réxime a medio camiño entre o liberalismo doutrinario e o absolutismo que non contentou a ningún dos partidos liberais.

Sufraxio censatario e universal

Sufraxio censatario e universal: sistemas de expresión da soberanía nacional e popular respectivamente propios o primeiro das correntes liberais doutrinarias e o segundo das liberal democráticas. O censatario implica a votación da poboación cun determinado nivel de renda e lígase a oligarquía e o universal á totalidade dos cidadáns incluíndo ás mulleres a partir de 1932 nos sistemas liberais.

Manifesto dos persas

Manifesto dos persas: manifesto asinado por 69 deputados en Madrid no ano 1814 polo cal se instaba a Fernando VII a derrogar a obra lexislativa das Cortes de Cádiz e a instaurar de novo o Antigo réxime a súa chegada a España tralo tratado de Valençay. Supón o inicio do Sexenio absolutista e será posteriormente respaldado polo Congreso de Viena.

Tratado de Valençay

Tratado de Valençay: tratado asinado en 1813 no que Napoleón recoñecía a Fernando VII como rei de España poñendo fin á Guerra de independencia e implica o seu regreso en 1814. Non foi recoñecido polas Cortes de Cádiz que serían abolidas polo propio rei restaurando o Antigo réxime.

Afrancesados

Afrancesados: minoria ilustrada e liberal que apoiaba a Xose I Bonaparte no contexto da Guerra de independencia (1808-1814) xa que consideraban que o reformismo autoritario liberal napoleónico era a vía máis indicada para reformar e modernizar España. O termo ten connotacións pexorativas.

Entradas relacionadas: