A Descolonización Mundial: Historia, Factores e Procesos de Independencia en Asia e África
Enviado por Comunidad Wikiteka y clasificado en Historia
Escrito el en
español con un tamaño de 8,14 KB
A época da descolonización
A descolonización é un dos grandes feitos históricos do século XX. As antigas potencias europeas virónse obrigadas a recoñecer novas nacións e novos estados en Asia, África e Oriente Medio. Vinte anos despois da II Guerra Mundial, os grandes imperios coloniais desapareceran.
Os numerosos países que naceron como consecuencia deste proceso emancipador ocupan hoxe a maior parte do territorio e da poboación mundial, pero tiveron que enfrontarse a varios problemas:
- A desigualdade e a pobreza dos seus habitantes, o que os levaría a pedir axuda económica ás súas antigas metrópoles.
- A necesidade de manterse illados da presión dos dous bloques, de aí o nacemento do chamado Terceiro Mundo e o movemento de países non aliñados.
As distancias socioeconómicas e políticas entre as novas nacións e as metrópoles ricas e desenvolvidas están lonxe de terse acurtado.
Os factores determinantes
A II Guerra Mundial puxo en evidencia a debilidade das grandes metrópoles coloniais. A propaganda de liberdade e democracia dos aliados contra o nacismo fortaleceu os movementos independentistas que solicitaban a aplicación dos mesmos principios nos pobos colonizados. Os valores defendidos polo antifascismo estaban claramente en contradición co colonialismo; o dereito dos pobos a resistir contra a ocupación estranxeira podía ser aplicado tanto ás colonias como ás vellas nacións europeas ocupadas polos alemáns.
Neste sentido, o congreso da Internacional Socialista de París manifestábase a favor da independencia. Os movementos nacionalistas das colonias obtiveran promesas de liberación a cambio da súa participación ou da súa neutralidade no conflito, rompendo o estatu quo colonial anterior a 1939, ao atoparse con que a magnitude da revolta e dos enfrontamentos desbordaban a súa capacidade de control.
Outro factor favorable á independencia foi a actitude das dúas grandes potencias, EE.UU. e a URSS, que eran contrarias ao colonialismo clásico de ocupación e explotación dos territorios, tanto por principios como polo desexo de ampliar as súas áreas de influencia a costa das antigas metrópoles coloniais. A ONU converteuse tamén nun foro internacional de protesta constante contra o colonialismo, e entre a opinión pública dos países subdesenvolvidos, incluídas as potencias coloniais, crecía a postura a favor da independencia. É evidente que o novo panorama internacional xurdido trala guerra consagraba a perda de poder dos vellos imperios coloniais.
O pasado colonial de China e o novo nacionalismo
Desde finais do século XIX, os europeos conseguiran establecerse en portos e enclaves estratéxicos de China. As ganancias obtidas nos enclaves chineses non eran investidas en mellorar o país, senón exportadas ás metrópoles europeas. Unha minoría da poboación chinesa, pertencente aos sectores dirixentes das cidades, comezou a organizarse.
Sun Yat-sen conseguiu aglutinar a diversos grupos e fundou o Partido do Pobo. En 1911, o partido, apoiado por sectores do exercito, conseguiu derrocar ao emperador manchú Puyi. Tras un período de instabilidade e de conflitos civis, Mongolia e o Tíbet aproveitaron este descontento e independizáronse. Chiang Kai-shek fíxose co poder da nova república a partir de 1927. En 1921, Mao Zedong e outros dirixentes comunistas fundaran o Partido Comunista Chineso. Tras unha longa guerra civil nos anos centrais do século, a revolución chinesa conseguiu os seus obxectivos.
India: a loita pola independencia
A India, despois de China, é o país máis poboado da terra. A península indostana ocupaba unha situación estratéxica nas grandes rutas comerciais. Dende o século XVII, a Compañía das Indias Orientais británica estableceuse nalgunhas cidades indias. En 1958 converteuse nunha colonia gobernada por un vicerrei; a súa riqueza e extensión convertérona na chamada "xoia da coroa".
A administración colonial británica aproveitou o antagonismo existente entre os hindús e os musulmáns, e apoiouse na minoría musulmá para gobernar a colonia. Durante un terzo do século XX, a gran maioría da poboación estaba formada por campesiños que traballaban a terra sometidos a un verdadeiro réxime feudal. A industrialización era moi escasa. Foi un sector da pequena burguesía o que iniciou as primeiras reivindicacións nacionalistas.
A figura de Gandhi
O nacionalismo indio manifestouse por primeira vez en 1885, ano no que se fundou o Partido do Congreso, formado por membros da burguesía hindú. As reivindicacións políticas eran moi limitadas, aínda que exixirían en 1914 a independencia política e económica. A minoría musulmá fundou en 1905 a Liga Musulmá.
A India sufriu as consecuencias da Gran Guerra: os impostos e os prezos dos alimentos básicos aumentaron, provocando importantes revoltas campesiñas no Panyab. Foi entón cando o Partido do Congreso deixou de ser o órgano da burguesía hindú para atraer outros sectores máis populares. Apareceu a figura trascendental de Gandhi, membro da pequena burguesía india, que pretendía recuperar a independencia da India e a ancestral cultura hindú, proclamando a necesidade dunha reforma da conciencia.
O movemento nacionalista non deixaba de medrar. A represión británica foi brutal: Gandhi foi encarcerado varias veces e protagonizou folgas de fame e movementos de resistencia pacífica. En 1939, o vicerrei declarou de modo unilateral a participación da India na II Guerra Mundial, e a India contribuíu aos gastos da guerra enviando soldados.
A Unión India e Europa
O Reino Unido accedeu a preparar o camiño cara á independencia. Desde 1930, os enfrontamentos entre hindús e musulmáns cobraron unha inusitada violencia. A Liga Musulmá, liderada por Muhammad Ali Jinnah, defendía a creación dun estado islámico independente.
En 1947 produciuse a partición da antiga colonia en dous territorios: a India, de maioría hindú, e Paquistán, de maioría musulmá. En 1947 proclamouse a independencia da India e Paquistán, que pasaron a formar parte da Commonwealth. As tensións entre musulmáns e hindús continuaron; o territorio fronteirizo Caxemira era e segue a ser un foco constante de tensión. En 1971, o territorio oriental de Paquistán independizouse co nome de Bangladesh.
Indonesia e Indochina
En 1948, o goberno británico facilitou e concedeu a independencia a Birmania, a Ceilán e a Singapur, que obtivo a independencia en 1965. Os holandeses víronse obrigados a aceptar a proclamación da independencia de Indonesia en 1948.
En Indochina, os guerrilleiros comunistas dirixidos por Ho Chi Minh proclamaron a independencia de Vietnam. A guerra durou ata a derrota das tropas francesas en Dien Bien Phu en 1954.
África negra
A chamada África negra esténdese dende o trópico de Cáncer ata o sur do continente. Ata finais do século XIX, a África subsahariana era unha zona case descoñecida para os europeos.
A explotación colonial dun continente
Francia aplicou un tipo de administración idéntica en todas as súas posesións, con estruturas moi centralizadas. Belgas, italianos e portugueses aproximáronse ao modelo colonial francés. Os países saxóns e xermánicos deseñaron diversos modelos de administración que permitiron intervir máis aos poderes locais, ampliando as marxes do autogoberno, como era o caso da Colonia do Cabo. Nas colonias con débil presenza europea buscáronse outras solucións.
Desde as primeiras décadas do século XIX, as potencias europeas organizaron e explotaron de forma estable as súas colonias africanas. A administración colonial era dirixida frecuentemente por indíxenas, membros de elites tribais que eran escolarizados e promovidos aos cargos intermedios para asegurar a total dependencia dos recursos naturais do continente e os intereses das economías metropolitanas. Tamén destacou o intento de culturizar os africanos a través, fundamentalmente, de misións relixiosas, aínda que os indíxenas non gozaban de dereitos políticos nin de liberdades reais.